twitter
rss

Boas familias! 
Aquí vos deixo o documento para os traballiños desta semana! Lede atendos que hai novas importantes.

E aquí debaixo quedan os xogos que preparei para reforzar e entender mellor as fichas de mates, espero que vos sexan de axuda.
Unha aperta!

QUE NÚMERO FALTA?



SIGUE O CAMIÑO

Bos días: esta semana imos repasar as formas xeométricas. Comezamos co círculo a través dun conto. 
É a historia dun globo que se vai transformando en cada páxina e a cor protagonista é a vermella. Trátase dunha aventura para compartir sensacións, formas e cores.
Preme no enlace:

Cuento: El globito rojo

Despois podedes colorear o globo ou a bolboreta:
Dibujos para Colorear Globos 7 (con imágenes) | Globos para ...

Plantillas de mariposas para imprimir - Imagui | Moldes de ...


Tamén buscar cousas redondas pola casa. Por exemplo: galletas, reloxos, pratos, queixo babybel...., e aproveitar a clasificar por tamaños.

A desfrutar. Moitos bicos

Si, si...xa sei!Que hoxe é domingo e "Sábado e domingo, non hai cole!". Pero é que hai alguén por aquí que quería mandar unha mensaxe para tod@s vós!

(Facede clic na imaxe para ver a mensaxe!!)



Motísimas grazas Noela e Vero por mandarnos este vídeo!! 

E xa de paso...pois tamén vemos o pedazo de maio que fixeron! Mirade, mirade!

1º Hai que recoller a materia prima! Flores, xestas, fieitos, anís... prantas variadas!



2º. Despois hai que ir colocando as prantiñas recollidas sobre a estrutura metálica.

3º. Disfrutar do maio! Seguro que Noela lle cantou algunha peza a este maio tan fermoso!


Sofía mandoume unha mensaxe o outro día; non teño moi claro se me quere, se non me quere...que opinades vós?

Mirade canto traballou Yaiza esta semana!!



Agardo que esteades a disfrutar da nosa volta ó mundo!


HOXE IMOS TRABALLAR SOBRE A PAGODA CHINA. 
PARA VER A EXPLICACIÓN PODEDES IR Á CUARTA E QUINTA PÁXINA.


 QUE VOS PARECEN? COÑECEDES ALGUNHA CONSTRUCCIÓN DAS MESMAS CARACTERÍSTICAS NA NOSA TERRA? COMO É A VOSA CASA?
Cómo es la casa gallega típica
CASAS UNIFAMILIARES
EN GALICIA EXISTEN CASAS MOI VARIADAS!
Casa en Ares | Casas recuperadas
Cultura Gallega Imágenes De Stock & Cultura Gallega Fotos De Stock ...
EDIFICIOS GRANDES


Cómo es la casa gallega típica
PAZOS (CASTELOS GALEGOS


Hoxe é o día da familia, polo que ademáis da flor ca vosa familia, vos propoño debuxar a vosa propia casa, e se queredes, a vosa familia.

Seguindo as instruccións do vídeo, tamén podedes debuxar unha pagoda. (Non esquezades poñerlle o nome!)
E se aínda non estades cansos, ou vos aburrides a fin de semana... podedes decorar esta pagoda.

 pagoda



SEGUIMOS CON CHINA!
CREDES QUE ESCRIBEN IGUAL CA NOS? RECORDADES O NOSO ALFABETO? TÉMOLO COLOCADO POR TODA A CLASE VERDADE?

Frankie and Frank - Home | Facebook


Voltamos á presentación e pasamos ata a páxina 3 que se chama "ESCRITURA"





QUE CHE PARECERON OS VÍDEOS? ATOPACHES O TEU NOME EN CHINÉS
PODES BUSCALO AQUÍ E ESCRIBILO



PROPÓÑOVOS AGORA DÚAS FICHIÑAS BEN SINXELAS INDA QUE UN POUQIÑO ABURRIDAS PARA TRABALLAR UN POUQUIÑO A NOSA CALIGRAFÍA.
PODEDES IMPRIMIR UNHA POR CADA CARA

CANCIÓN RAÍÑA a
GRAFOMOTRICIDADE a

GRAFOMOTRICIDADE a

LETRA a
LETRA a

PODEDES PENSAR PALABRIÑAS QUE EMPECEN CON "A" COMO FACEMOS NA CLASE E DECIRLLELAS ÓS PAPIS OU ESCRIBILAS NUNHA LIBRETIÑA A MODO DE CADERNO DE VOCABULARIO.