twitter
rss

Bos días!! como vai ese desconfinamento??

Estes días traballaremos sobre China. Como non vos podo contar cousiñas ni contiños para que coñezades un pouco mellor este país e á súa xente, preparei unha infografía. Podedes vela toda xunta, pero a miña proposta é ver cada día unha ou dúas páxinas de información e facer un traballiño sobre dita información.





QUE VOS PARECE TRABALLAR HOXE SOBRE A SEGUNDA PÁXINA CHAMADA "MAPA"?

Detalleivos 5 localizacións que me pareceron importantes , clicade en cada unha delas para ver máis información. O vídeo á carón do título cóntavos de forma lúdica cousiñas sobre este país. O globo terráqueo levaravos a google earth para coñecer exactamente a súa ubicación. E na bandeira poderedes escoitar o seu himno nacional.



 BANDEIRA CHINASe clicades na seguinte imaxe accederedes a un traballiño descargable , que consiste en repasar as letriñas da bandeira (os peques saben que na aula facemos primeiro a lapis e despois repasamos con rotus de cores) e colorear a bandeira coma na infografía, así coma as decoracións características que aparecen ó redor da mesma. Se queredes ampliar, podedes poñerlle os nomes ó xarrón, á teteira, ó dragón Muxu de Mulán, e ó neno chinés.





Cantas estrelas hai na bandeira?? Moi ben 5!! un traballiño agora para xogar cos números?




Podedes coller (por exemplo na táboa do 5) 5 boliñas e ir poñendo 1 enriba do 1, cantas me sobran? 4 moi ben, pois colocámolas no outro lado e escribimos o número. E así con todos.

AGARDO QUE VOS GUSTE!!BIQUIÑOS!


HOMENAXEAMOS  A NOSA FALA. Popóñovos adiviñas en galego:

  • Unha señorita moi enseñoritada, chea de remendos sen unha puntada.

                                              (A galiña)

  • Cucurico non ten ollos, cu nin bico, e os fillos de cucurico teñen ollos, cu e bico.

                                              (O ovo e o pitiño)

  • Anda e non ten pés; come, e non ten boca, e toda a comida lle parece pouca.

                                             (O muíño)


  • Unha cousa para quen sempre chove e sempre está mollada.

                                              (A lingua)

  • Unha cousa que coa súa risada perdeu a súa anada.

                                                      (O ourizo da castaña)

  • Dez señoritos de par en par pasan o río sen se mollar.
                                        
                                               (Os dez fungueiros do carro)

  • Dous bois brancos nunha corte de ferro metidos.

                                                    (Os ovos na tixola)

  • Ten un dente e tira pola xente.

                                                        (A campá)


Agardo que vos gusten

Agora que xa coñecedes algo máis sobre Carvalho Calero, aquí vos deixamos o conto As pitas baixo a choiva para que o coñezades pero...estade atentas/os! Que despois vén algunha pregunta!



CHEGAMOS A ASIA!
PINCHA NOS ELEMENTOS INTERACTIVOS PARA VER AS AVENTURAS QUE NOS DEPARARÁ ESTA VIAXE POR ASIA.





PRIMEIRA PARADA... A INDIA

ESTE PROXECTO PRESENTÓUNOLO PAULO, QUE INCLUSO NOS TROUXO ESPECIAS PARA ULIR. RECORDADES QUE COPIAMOS A TATUAXE QUE LLE FIXERA A SÚA IRMÁ E REMATAMOS TODOS COS BRAZOS PINTADOS? QUE BEN O PASAMOS!!







EkDali India Map with Monuments (Paper, 16.5 X 23.4 inches ...
Clicade para ver un contiño sobre a Índia

Recordades cando falamos do TAJ MAHAL?

TAJ MAHAL SE CLICADES NA IMAXE ATOPAREDES UN TAJ MAHAL PARA DECORAR. NON ESQUEZADES COPIAR O SEU NOME!!


Ola a tod@s!! 
Grazas a Martín e a súa mamá descubrimos esta xenial aplicación para aprender MECANOGRAFÍA na páxina de "Typing club".
Que é iso de mecanografía? Pois aprender a escribir co teclado do noso ordenador!
Pero, ollo!Coa mecanografía non só estás facendo iso: tamén estás repasando as letras,  traballando a concentración (hai que estar moi atendo para saber que tecla pulsar), a coordinación óculo-manual (que ven os teus ollos e que fan as túas mans), a psicomotricidade fina (a mobilidade nos dedos, tan importante para a futura escritura!) e ademais...pásalo ben!! É super completo! Iso si, está en minúsculas así que so é apto para os máis valentes de 4 e 5 anos! Estades preparad@s? Pois a teclear!

Moitísimas grazas Inés!



HOLA A TODOS!!!!!!!


HELLO HELLO HELLO!!!!!!!!!!!!

OS MANDO OTRO VÍDEO DE UN CUENTO QUE OS HICE PARA ESTA SEMANA.
ESPERO QUE OS GUSTE!

https://www.youtube.com/watch?v=_jrzYXDSVfA

ME ACUERDO MUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUCHO DE VOSOTROS Y OS ECHO  A TOOOOODDDOOOOS MUUUCHOOOOO DE MENOS. 

ME ENCANTÓ LOS VÍDEOS QUE VI DE ALGUNOS DE VOSOTROS CONTESTANDO LAS PREGUNTAS.....QUE BIEN LO HACEÍS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

UN ABRAZO ENORME, 

LOTS OF HUGS AND KISSES

MAEVE 


Bo día a tod@s! Esta semana que comeza é a "Semana das Letras Galegas" xa que o vindeiro domingo é o 17 de maio. Así que para ir quecendo  motores traémosvos este xogo sobre Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado este ano! Esperamos que vos guste!!

e


E se tedes ganas de máis, ou queredes compartir con outros nen@s, tamén vos deixamos este por aquí, máis complexo e para o que necesitaredes axuda da vosa familia, pero...quen dixo medo??