07
mai
Aquí vos deixamos algunhas actividades para xogar coas letras do noso nome (o trazo e orde ). Só é necesario que un adulto escriba o noso nome en letras grandes e maiúsculas nun folio. Podemos ir dicindo o nome de cada letra e o seu son.
Lembrade que é moi importante empezar a traballar sempre pola primeira letra do noso nome, a que ten enriba o puntiño vermello.
![]() |
Facemos as letras do noso nome con churriños de plastilina |
![]() |
Repasamos as letras empezando coas ceras da cor que máis nos gusten. |
![]() |
Facemos o noso nome con gomets |
![]() |
Podemos repasar as letras con pintura de dedos |
![]() |
Un adulto pode escribir e recortar as letras |
![]() |
para que nos tentemos ordenalas, primeiro
seguindo un modelo e despois podemos intentar
facelo sen mirar
|