twitter
rss






 BENVID@ AO NOVO CURSO 2020/2021







  • CONTO SOBRE O CORONAVIRUS









O último día de cole sempre é un día cheo de emocións: as profes estamos contentas porque chega o merecido descanso para os peques e para nós, pero tamén nos poñemos tristes porque imos botar moito tempo sen ver "aos nosos nen@s" e, no final da etapa, "perdémolos" para "sempre". Non sei ás demais pero eu, cando os vexo marchar, non podo evitar chorar por todo o que vivimos e aprendemos xunt@s. Eles case sempre me miran extrañados, supoño que non entenden que é o que me pasa, e entón rio. Rir e chorar todo xunto, hai algo máis fermoso que iso?

Pero a vida é así, unha montón de chegadas e partidas que temos que ir asumindo, aínda que nunca te acostumes ás despedidas. Aquí vai este "pequeno" resumo (si é que tres anos de vivencias se poden resumir en media hora) a modo de despedida. Espero que lles guste e que lles lembre cousas que quizais xa nin tiñan no miolo!

Unha aperta moi, moi grande para tod@s, peques e familias. Moitísimas grazas por todo!


Hoxe quero despedirme de vós cunha canción que na súa esencia inspirou o proxecto deste ano.

Niños Tomados De La Mano En Todo El Mundo. Ilustraciones ...
nenos e nenas de todo o mundo

Recordade pasalo ben e desfrutar do aire libre e se algún día chove ou vos aburrides, podedes recurrir ás actividades da profe Inne... son magníficas!!!


QUÉROVOS PEQUECHOS E PEQUECHAS!!
VÉMONOS PRONTIÑO!!

Ola a tod@s! Chegou as nosas mans un estupendo documento con centos de actividades recompiladas para traballar a psicomotricidade fina, grosa, receitas de cociña, mates e lectoescritura, arte... para todas as idades de Educación Infantil! 
Compartímolo con vós para eses días de verán que estamos un pouco aburridos e non sabemos que facer! Aquí atoparedes algunhas ideas!
Queremos darlle as grazas a "A_profe_inne" por partillar este material!

Bo día a tod@s!
Aquí vos deixo unha última proposta para este curso! 
A miña ex-compañeira Leticia elaborou este documento para facer un holograma caseiro que eu vos propoño como última actividade do curso para poder ver algúns planetas desta forma tan divertida!
É un traballiño máis para as mamás e papás, pero moi sinxeliño e seguro que lles gusta moito aos peques!
Unha aperta!

Hoxe propoño este xogo para recordar a nosa viaxe. Quizáis precisedes axuda dun adulto para atopar os países e rememorar os monumentos. Agardo que vos guste!





Bos días: o curso remata e só me queda darvos a noraboa pola colaboración prestada nestes meses que compartimos primeiro presenciais e logo de forma online. 
Hoxe quero felicitar a todos/-as os nenos/-as os que estiveron de aniversario e non puideron celebralo no cole cos seus compis e de forma adiantada tamén aos que cumplen no verán. Parabéns para:
David Oria, Laura, Diego Piñeiro, Martín Rama, Diego Dosantos, Mateo, Inés, David García, Adrián e Martín Taboada.

Resultado de imagen de felicitar cumpleaños david | Feliz ...                             Tarjetas de Laura, postales de Laura, tarjetas de fiestas


Pin en REPOSTERIA ( MIS DULCES PASTELITOS)                              Baby shower de Martín


Tarjetas de Diego, postales de Diego, tarjetas de fiestas                                  estrellas | ideas mama


Torta al cioccolato: Buon Compleanno Inés! - Felicitaciones de ...                              Tarta de cumpleaños. Felicidades David!!... - Pastelería ...




Pin en pastel rayo mcqueen                                   Cumpleaños - Martin



Parabéns. Moitos bicos


Te Mando Besos y abrazos - New Multimedia

RECORDAS COMO SE CHAMAN?



IMOS XOGAR AGORA COAS FORMAS XEOMÉTRICAS!!

Boa día familia!
Aquí vos deixo os traballiños para a última semana de curso!

QUE TEÑADES UNHAS ESTUPENDAS VACACIÓNS! E A DESCANSAR E DISFRUTAR, QUE FALTA FAI!


Voltamos a subir no submarino para retornar a Londres xusto a tempo para ganar a aposta que fixera o señor FOG...

Revive las aventuras de Willy Fog
A volta ó mundo!


Que vos parece pintar os continentes e os Océanos para recordar a nosa viaxe?
Podedes pintar cada continente dunha cor e cada Océanos dun azul diferente. Deixoo tamén en arquivo descargable por si o queredes pintar en grande e en cartulina con témperas.