twitter
rss

Ola pequen@s! Hoxe quero compartir con vós un vídeo que fixen co meu alumnado fai xa uns cantos anos!
Por aquel entón propuxéralles a cada un deles que nos ensinara un trabalinguas!
Os trabalinguas xa sabedes que son frases complexas de dicir pero que teñen moitas vantaxes: favorecen a creatividade, melloran a memoria, axudan a dominar a linguaxe oral xa que se traballan diversos músculos fonatorios...unha chea de cousas boas!
Así que anímovos a que me ensindes algún trabalinguas que saibades vós (se son en galego e volos ensinou algunha persoa maior xa sería xenial!), que vos gravedes e podemos facer un vídeo parecido a este. Apetécevos? 
Unha aperta!

Cal é a primeira letra da palabra"ÁFRICA"? Moi ben!! é a  A!! E se agora o escribo en minúscula?

     "áfrica" . Moi ben! pola "a" tamén!!

Aquí vai o conto e canción da RAÍÑA A, que xa todos coñecedes.

Letra A con caligrafía enlazada - El abecedario para niños - Las ...Cantas  "a" atopas nas seguintes adiviñas? Podes rodealas?

Nos esquezas debuxar o resultado da adiviña!!
Unha pistiña... son animais que viven en África!!

Mochileros. Africa Para Niños. | Mundo de Rukkia

MOVEMOS AS NOSAS MANS? 

Hoxe propoñemos unha serie de actividades e xogos que os máis pequenos poden facer para exercitar a motricidade fina nas súas mans. Están pensadas para facer con cousas que podemos ter pola nosa casa. Podedes elexir as que máis vos gusten...

- ALGUNHAS CANCIÓNS PARA MOVER AS NOSAS MANS:


       COAS MIÑAS MANS               POPURRÍ DE LAS MANOS             ARRAMSAMSAM      

- XOGAMOS COA PLASTILINA: podemos facer boliñas, churriños, letras, modelar animais...


-TENDEMOS ROUPA?:  podemos xogar a tender roupa coas pinzas que temos  na casa. Podemos tender roupa feita con papel, cartulina...roupa dos nosos bonecos, os nosos calcetíns... 



-RASGAMOS PAPELIÑOS DE CORES OU PAPEL DE PERIÓDICO/ REVISTAS QUE TEÑAMOS NA CASA: con eles podemos decorar calquera debuxo que nos apeteza


-OUTROS XOGOS QUE PODEMOS FACER:

Xogamos a colocar gomas arredor dalgo
con forma de tubo.

Xogamos a coller pompóns ou boliñas de papel
cunha pinza e traspasalos dun recipiente a outro.


  
Xogamos a meter palliñas de cores
por buratiños pequenos.
Facemos carreiras de coches por estradas
con moitas curvas.

                                                             


        

Durante o mes de marzo no cole estivemos a traballar o mes da muller e, en xeral, a igualdade. Tiñamos moitos contos polos corredores para poder sumerxirnos en historias moi interesantes sobre mulleres e igualdade. Como tivemos que suspender a asitencia ao cole, fixemos esta presentación para que poidamos "ler" un conto ao día sobre igualdade! De luns a venres, que a fin de semana hai que descansar! 

Que vos parece facer un ficheiro coas personaxes principais dos contos? Podería ser unha actividade interesante!

Busca cada día esta entrada e vai pinchando no día que é! 
Esperamos que vos guste!

Que despiste!! No documento dos traballos esquecinme  de enlazar os vídeos do conto do N e do Ñ! Menudo lío! Menos mal que me avisou unha mami así que aquí volos deixo para que os poidades usar! Mil desculpas!!
Un saúdo!


ÁFRICA!!

Hoxe imos comezar co repaso do continente africano.
Recordades que vimos moitos e diferentes animais neste continente? Relixións, vestimentas e costumes? Imos comezar por recordar a súa forma e o seu nome. Podedes decorar como máis vos guste o continente e as roupas do mozo, e debaixo podedes escribir o nome do continente, cal será??
Non esquezades facerlle un fondo e repasar con rotulador o que escribades a lápis!!


Proyecto "La vuelta al mundo". Fichas para imprimir.


Bos días: 
Outro conto que vos propoño e tamén vimos no cole.
Nesta ocasión : O coelliño branco. Pincha no enlace para escoitalo:

Conto: O coelliño branco (contado polo autor)

Outra versión con música:

Conto: O coelliño branco


  • Logo podedes colorear as partes que corresponden do coelliño de rosa, e os outros dous personaxes como se ven no conto ou libremente:



Pin en libros infantiles




  • Tamén podemos repasar o números:
Proxecto_coello



  • Manualidade: facemos unha careta.



Caretas para imprimir y colorear | Caretas de animales, Mascara de ...



Pasádeo ben e moitos bicos.


Supoño que ninguén por aquí madrugou tanto como para ver en directo o que andaba polo ceo esta madrugada! Pero seguro que máis de un vístedes xa polo telexornal ou as redes sociais que "algo" andaba brillando polo ceo! Non? Pois aquí vos comparto un par de vídeos.

Que será? Ao principio os científicos tiñan algunhas dúbidas, pero según os científicos do observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela, son os restos dun cohete ruso chamado "Soyuz" que  foi lanzado fai uns días para levar suministros á Estación Internacional. 
Deixovos aquí o enlace a tres xornais por se queredes afondar un pouco máis na nova!


Aproveito para dicirvos que todas e todos aqueles que non puidéstedes presentar os vosos traballos do espazo podedes facelo aínda! Pedídelle a vosa familia que vos grave e que mo manden ao correo-e e logo compartirémolo no blog para que vos vexan as vosas compañeiras e compañeiros!

Unha aperta espacial e especial!!
Alba.

BO MARTES PEQUENOS E PEQUENAS!!  

RECORDANDO UN POUCO OS MONUMENTOS COS QUE TRABALLAMOS 

NA ESCOLA FIXEN UN BUSCA E ATOPA 

DESFRUTADE XOGANDO!!

CHIC@S, lembrades  a historia Que leria de cordóns!, na que a unha nena chamada Laura lle regalaban uns zapatos novos, pero ela non quería poñelos porque non sabía atar os seus cordóns?


E se queredes seguir practicando co voso zapato, podedes lembrar como se facía vendo o seguinte vídeo:

PARA ATAR OS CORDÓNS

Bos días, cativada de Infantil:

Aquí vos deixo unha canción para que movades o esqueleto. Espero que vos guste e vos elegre o día!!!

Preme neste enlace para escoitar a canción

Bos días, nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil!!!

Aquí vos deixo esta entretida canción para que poidades divertidos cantando, bailando e facendo música co voso corpo do seguinte xeito:

1º_ Palmas.
2º_ Chasquidos cos dedos (sempre que se poida).
3º_ Golpe coas palmas sobre as pernas.

Espero que vos guste!!!

Preme neste enlace para escoitar a canción

Bos días a todos e todas!!!

Déixavos o dragón Pepón un novo xogo, desta vez...da Primavera!!!!


Espero que vos guste.


Recibide unha aperta moi grande do dragón Pepón e a profe Lucía.





Hello!!!!!!!!!!!!!!!!!!


Here is a new story about numbers!
Aquí hay una nueva historia sobre los números.

https://www.youtube.com/watch?v=VXD-xhxAOvk&t=12s

Un abrazo,
Maeve


BO LUNS A TODOS E A TODAS!!
Que tal de fin de semana peques? Recordades cando Daniella nos falou sobre Grecia? Traballamos moitas cousiñas, a Acrópolis, os Deuses Gregos, as Olimpiadas... 





Apetécevos facer un puzzle cos anéis das olimpiadas?

Podedes decorálo, cortálo e refacelo!


Tamén podedes decorar os anéis segundo os continentes participantes.


 Pasádeo ben peques!!Xa queda menos!! Biquiños!

Ola familia! 
Aquí vos deixo dous documentos onde vos indico unhas instruccións xerais para realizar os traballos (unha pequena explicación de como traballamos no cole) e logo o que eu programaría para facer durante esta semana.
Recórdovos que son suxerencias e consellos, non é  trabaallo obrigatorio, así que ninguén se agobie se non pode facelo nos días que propoño ou como eu o poño. Calquera cousa que vaiades facendo cos nen@s estará ben, sen descoidar a lectura, a escritura e tamén a creatividade e o xogo, por suposto!
Lémbrovos tamén que irei deixando por aquí algunha que outra cousiña que podedes facer, algún conto... como viña facendo.
Moito ánimo!!






Bos días: Comeza unha nova semana e esperando sigades todos ben, propoño outro conto que vos gusta moito.
É o conto do polo Pepe, que xa contamos no cole en varias ocasóns: 

O polo Pepe

Tamén podedes cantar a canción:

Canción e conto "O polo Pepe"

Logo podedes facer algunha actividade, como por exemplo:


  • Escribir o nome do protagonista en maiúsculas: PEPE

  • Colorear ao polo Pepe



Pollo pepe


  • Realizar o trazo vertical para que o polo chegue ao trigo:

RECURSOS Y ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL: EL POLLO PEPE ...

  • Repaso dos números1 e 2:Atividades EducativasRECURSOS Y ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL: EL POLLO PEPE ...

      • Algunha manualidade, como unha banda para a cabeza:

      Pin en carteles


      BICOS E A DESFRUTAR.

      BOAS TARDES A TODOS!!!!


      HOXE GUSTARÍANOS COMPARTIR CONVOSCO ALGO MOI ESPECIAL. O OSO GOLOSO E A SÚA FAMILIA DANNOS UNS CONSELLOS MOI ÚTILES PARA TODOS AQUELES NEN@S QUE VAIADES SAÍR MAÑÁ Á RÚA.

      ATENT@S AO QUE DI O OSO GOLOSO (preme aquí) 




      NON O ESQUEZADES, SEGUIDE OS CONSELLOS DO OSO GOLOSO E

       DESFRUTADE MOITO DO VOSO PASEO!!!!!!

      Boas peques!
      Hai uns días recibín unha carta dunha nena e contábame, entre outras cousas, que xa aprender ao abecedario! Hoxe traio un descargable cun abecedario súper chulo! Podedes imprimilo, tomalo como mostra, deseñar o voso propio...e decorar a habitación! Ademais, podedes escribir debaixo de cada letra algunha palabra que comece con ela? Algunha distinta a do debuxo xa sería xenial! 
      Unha aperta e boa fin de semana!

      Hoxe tócanos recordar o traballiño que fixo Laura sobre Alemaña.




      Que tal se hoxe engadimos á asamblea algunhas cancións en Alemán?



      Moitos días, ó entrar do patio, poñemos a SONATA DE CLARO DE LUNA DE BEETHOVEN para relaxarnos antes de comezar a traballar de novo.

      Que vos parece se hoxe colledes papel, pincel e tódolos colores que teñades, e pintades mentres a escoitades, a ver que vos evoca a canción, que vos fai sentir, que vos fai crear...

      Disfrutade da música e bo fin de semana!! Moitos bicos e abrazos!!




      Hola a todos!!!!!! Hello everybody!!!!!

      Os mando un link de un video que hicimos especialmente y unicamente para vosotros.

      Esperamos que os guste!

      Maeve y su equipo!


      https://www.youtube.com/watch?v=Nl8s0oE-FiA

      Hoxe quero ensinarvos algunha foto máis dos vosos compañeir@s.

      Aquí temos a Amelia facendo papiroflexia e sorprendida co seu novo cohete!



























      Emma traballa un montón na súa táblet e ensínanos a pulseira que fixo do arco da vella!























      Oriana superou á profe cun super cohete! E como atende aos contos!!
       

      E Hugo, a falta de facer unha pulseira, fixo as tres! Moi ben!



      Seguide así, que xa falta menos para poder saír e pronto volveremos a vernos!

      Bos días:
      Estades traballando un montón e facéndoo fenomenal, todas e todos de tódolos cursos. Estamos moi orgullosas de vós. Menos mal que nos estades a axudar a adiviñar os títulos dos contos porque estamos un pouco despistadas. Algúns deses contos xa os vimos no cole, por iso hoxe propóñovos recordar o de "Aquiles o puntiño" e así poder repasar as partes do corpo e os sentidos con esta historia sinxela na que un puntiño pouco a pouco vai crecendo no  seu afán de descubrir as cousas belas que o rodean.
      Está editado por Kalandraka, escrito por Guia Risari e ilustrado por Marc Taeger. Pincha no enlace e escoitarás o conto:

      Aquiles o puntiño

      Logo podes facer un círculo nun folio ou pedir axuda para que cho fagan e haber que sae libremente sen axuda.

      Tamén vos aparece no mesmo enlace unha versión musicada de "Quen é ese becho", unha obra con texto e ilustracións de Carmen Queralt, onde é posible descubrir unha gran cantidade de simpáticos bechos e que nos comparte Paco Nogueiras que xa coñecemos e que nos gusta un montón.
      .
      Espero que vos guste e desfrutedes moito. Bicos

      Bo día a tod@s! Como seguro que xa sabedes, hoxe é o día do libro! Así que traemos dúas sorpresas!
      A primeira é este vídeo que fixemos para conmemorar este día que sempre ten gran importancia no cole.

      E por outra banda...un RETO. Quen sabe moito sobre contos? Podedes demostrárnolo xogando con esta proposta. Lede moi atent@s as indicacións que fixeron as profes que, dito sexa de paso, empézaselles a ir un pouco a cabeza!
      Intentade resolver todos os xogos e cando teñades as respostas mandádeas nun correo-e a vedrainfantil@gmail.com e enviarémosche un diploma! Non fai falta que as adiviñes todas e podes axudarte da túa familia, busccando na rede... do que se che ocorra!
      MOITA SORTE E A XOGAR!



      Queres oir este conto sobre Valentina Tereshkova? Pois veña, fai clic na foto!

      Tod@s sabemos do importante que é evitar o cosumo de plásticos na medida do posible, pero quen se resiste a beber por unha palliña? Pois despois de usala, podemos lavala ben e facer o nos conta o gran Abraham Cupeiro neste conto! Atendede!




      CANCIÓNS SOBRE AS NOTAS E FIGURAS MUSICAIS

          Ola cativos e cativas de Infantil de Vedra. Que tal estades? Espero que ben. Para animarvos nestes días aquí vos deixo as cancións sobre as notas e figuras musicais coas que xogabamos e bailabamos na clase de música para que o poidades seguir facendo na casa cando vos apeteza.












      E como no cole non podemos seguir plantando traémosvos unha proposta para que poidades conmemorar o día da Terra dende a casa!
      Seguro que moitos de vós tedes horta, xardín...onde poder sementar e plantar cousas marabillosas! Pero hoxe traemos unha idea para tod@s aqueles que non temos onde plantar fóra. Que vos parece? Animádesvos a plantar algunha destas verduras ou hortalizas?


      E aquí un descargable para quen teña ganas de seguir traballando!

      Recordade! Imprimide só o necesario, a doble cara e non esquezades os 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar!


      Recordades cando falabamos das familias dos números? 


      Tabla del 100 ABN - Plantillas de la tabla del 100 para descargar ...


      O avó 10 tiña debaixo a súa familia

      11     12      13      14      15     16     17     18     19  

      O avó 20 tiña debaixo a súa familia

      21    22     23     24     25      26      27      28     29


      O avó 30 tiña debaixo a súa familia

      31     32     33     34     35     36     37      38      39   


      Que vos parece se facemos un xogo?

      Imos probar a engadirlle ó avó 10 o número 1, a ver que sae.
      xa está?
      Pois agora probade a engadirlle ó avó 10, dúas boliñas de plastilina, a ver que sae.
      xa?
      e se probamos a engadirlle 3?

      Podedes ir engadindo boliñas ata 9 e contalas todas a ver que sae.

      Despois, se non estades cansos, podedes repetir o proceso co avó 20 e co avó 30.

      E se queredes rexistralo podedes facelo así,  ou como se vos ocurra.

      abn-vamos-a-trabajar-las-familias-de-numeros8 - Orientación ...

      abn-vamos-a-trabajar-las-familias-de-numeros5 - Orientación ...

      5-14372293_10210398965361525_8169347747888473157_o | Profe Yano




      Bo día a tod@s! 
      Hoxe, 22 de abril, é o día da terra! Así que queremos ensinarvos como a terra sigue traballando a pesar de estarmos en corentena!

      O longo do segundo trimestre, todo o cole estivo traballando arreo no  horto. Os maiores de quinto colocaron a malla e  entre todos e todas plantamos repolos, amorodos, chícharos... 





                                       









      Tamén estivemos creando macetas con pneumáticos vellos, e así dámoslles unha segunda vida! 






      E neles plantamos leitugas!






      Estarédesvos preguntando que será do noso horto...Pois así é como estaba estes días!