twitter
rss

Boas a tod@s!
Hoxe querémosvos contar unha proposta que nos fan dende RadioVedra. Pero para situarnos primeiro temos que ensinarvos (seguro que moitos xa o oístedes) as propostas que fai o alumnado de secundaria para pasar o tempo de lecer durante o confinamento.

Pois ben! Agora é o tempo do alumando de Educación Infantil e Primaria! Que nos propoñen dende a radio do cole? É moi sinxelo, todos aqueles que queiran participar de xeito voluntario teñen que contarnos que é  o que teñen máis ganas de facer cando remate o confinamento e poidamos volver á rúa.
Como o facemos?
- Cun teléfono móbil debedes gravar un audio no que digades o voso nome (sen apelido) e o curso e  nos contedes que é o que máis ganas tedes de facer cando todo isto remate!
-Logo a vosa familia deberá mandar o audio a vedrainfantil@gmail.com como moi tarde o venres 17 de abril.

Cando o post da radio estea listo colgarémolo no blog para escoitar todas as vosas inquedanzas!

Animádesvos a participar?

0 comentarios:

Publicar un comentario