Recordades cando falabamos das familias dos números?
O avó 10 tiña debaixo a súa familia
11 12 13 14 15 16 17 18 19
O avó 20 tiña debaixo a súa familia
21 22 23 24 25 26 27 28 29
O avó 30 tiña debaixo a súa familia
31 32 33 34 35 36 37 38 39
Que vos parece se facemos un xogo?
Imos probar a engadirlle ó avó 10 o número 1, a ver que sae.
xa está?
Pois agora probade a engadirlle ó avó 10, dúas boliñas de plastilina, a ver que sae.
xa?
e se probamos a engadirlle 3?
Podedes ir engadindo boliñas ata 9 e contalas todas a ver que sae.
Despois, se non estades cansos, podedes repetir o proceso co avó 20 e co avó 30.
E se queredes rexistralo podedes facelo así, ou como se vos ocurra.