twitter
rss

Supoño que ninguén por aquí madrugou tanto como para ver en directo o que andaba polo ceo esta madrugada! Pero seguro que máis de un vístedes xa polo telexornal ou as redes sociais que "algo" andaba brillando polo ceo! Non? Pois aquí vos comparto un par de vídeos.

Que será? Ao principio os científicos tiñan algunhas dúbidas, pero según os científicos do observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela, son os restos dun cohete ruso chamado "Soyuz" que  foi lanzado fai uns días para levar suministros á Estación Internacional. 
Deixovos aquí o enlace a tres xornais por se queredes afondar un pouco máis na nova!


Aproveito para dicirvos que todas e todos aqueles que non puidéstedes presentar os vosos traballos do espazo podedes facelo aínda! Pedídelle a vosa familia que vos grave e que mo manden ao correo-e e logo compartirémolo no blog para que vos vexan as vosas compañeiras e compañeiros!

Unha aperta espacial e especial!!
Alba.

0 comentarios:

Publicar un comentario