Ola pequen@s! Hoxe quero compartir con vós un vídeo que fixen co meu alumnado fai xa uns cantos anos!
Por aquel entón propuxéralles a cada un deles que nos ensinara un trabalinguas!
Os trabalinguas xa sabedes que son frases complexas de dicir pero que teñen moitas vantaxes: favorecen a creatividade, melloran a memoria, axudan a dominar a linguaxe oral xa que se traballan diversos músculos fonatorios...unha chea de cousas boas!
Así que anímovos a que me ensindes algún trabalinguas que saibades vós (se son en galego e volos ensinou algunha persoa maior xa sería xenial!), que vos gravedes e podemos facer un vídeo parecido a este. Apetécevos?
Unha aperta!