twitter
rss

Hoxe a teacher Carmen achéganos estes recurssos da man da editorial MacMillan. Pinchando en "Teacher´s notes" tedes as explicacións do traballo, e pulsando en "video" ou "worksheet" teredes os propios recursos. 
See you! 


Hoxe propóñovos un conto chamado "Estoy creciendo"

https://www.youtube.com/watch?v=lF-KzbnLUvY

E unhas cancións sobre o noso corpiño...

https://www.youtube.com/watch?v=x6SDOmed3U4


https://www.youtube.com/watch?v=MsHM0Fo3bxQ


https://www.youtube.com/watch?v=tfxYgnVw4B0



Fichas para aprender a dibujar el cuerpo humano

Poden pintar esta imaxe e  construír unha boneca.

TE CUENTO UN CUENTO: Cuerpo humano para armar | Rompecabezas del ... 

E para rematar poden facer unha actividade onde se debuxen a si mesmos. Recordádelles todas as partiñas do noso corpo para que non esquezan ningunha!!

Bos dias:
Seguindo coas emocións, algunha suxerencia mais:

Botella da calma: outro método para poder relaxarse é xogar cunha botella da calma.
Seguro que desfrutades moito facéndoa en familia:

Frasco de la calma paso a paso

Podedes sustituir o pegamento por aceite de bebés e a pupurina por outros obxectos pequenos como por exemplo: arroz, botóns... Deixade voar a imaxinación!!!

Refuxio: Podemos serenarnos ou estar tranquilos nun lugar que construiremos como o noso propio refuxio. Os cativos poden, co consentimento dos adultos,  empregar sofás, cadeiras, mantas, coxíns e todo aquilo que se nos ocorra para esta actividade. Dentro podedes xogar, contar contos e introducir obxectos que vos transmitan paz, por exemplo, un peluche ou a botella da calma.

A desfrutar. Moito ánimo e bicos para tod@s.

Boas familias!
Hoxe traio un montón de traballiños sobre o universo!
Como xa sabedes é un tema que estabamos traballando para ampliar o proxecto sobre Valentina Tereshkova e onde cada nena/o nos presentaba un elemento do espacio na aula. Como son varias as familias que queredes traballiños impresos para poder traballar na casa facendo CLIC AQUÍ teredes acceso a diversos materiais que preparei. Necesitarán a vosa axuda ou a dun irmán maior quen teña, que seguro que lles bota unha man encantados!

- O documento "Extraterrestres" trae algunha ficha de lóxico matemática (para contar, sumar e describir).
- Os outros documentos terán que ir na seguinte orde:
* O "Proxecto universo peques" son fichas de cada un dos planetas do Sistema Solar. Son moi. básicas, onde terán que cubruir con datos que xa coñecemos de ver no cole. Ben, poida que non se acorden así que igual tedes que investigar un poquiño. Na aula veíamos os vídeos e cancións sobre os planetas das canles de Youtube Pinkfong  e de Smile and learn. No mesmo enlace atoparedes un docmento que se chama "proxecto universo chuleta" por se tedes dúbidas sobre como cubrir. Se non saben podedes darlle pistas dicindo como empeza a palabra, ou explicando sobre o que está preguntando.
* "Cal é o planeta" ou "Sistema solar" poderedes facelos a continuación dos traballos anteriores, na orde que prefirades.

CHEGA E SOBRA CON UNHA FICHA AO DÍA! Tampouco vos poñades a facer fichas e fichas e fichas!

AH!E NIN QUE DICIR CABE QUE NON SON OBRIGATORIAS! É so un material para que teñades aí para quen queira facelo e botar man del!

Unha aperta moi grande a tod@s!

EUROPA

Hoxe propóñovos un recurso para recordar un pouco o que aprendemos sobre o continente de Europa.

A actividade consiste en coller unha caixa (de zapatos, de galletas...calquera que teña unha tapa e se poida abrir e pechar con facilidade).

Na parte de fora da caixa debuxaremos ou imprimiremos e pintaremos (co material que queiramos) o continente de Europa e poñerémoslle o nome.
9 MAYO DÍA EUROPA | Dia de europa, Europa, Belenes

Sopas de Letras - Rios de EuropaMAPA DE EUROPA PARA COLOREAR PARA NIÑOS DE PRIMARIA PAISES Y ...

Que imos meter dentro da caixa?
Pois cousas que sabemos dos países de Europa, como por exemplo monumentos, nomes das capitais e dos países, comidas típicas, animais, vestimentas típicas, museos, persoaxes importantes....
podemos ou ben construílos, con escaiola, barro ou plastilina, ou debuxalos, ou imprimilose colorealos. Podemos ir a buscar a caixa cando queiramos e xogar a preguntar que son as cousas que metemos dentro. 
Xa me mandaredes o resultado!! 
Ánimo e imos a pola terceira semana!!!! 


Dibujo para colorear Europa : Italia 11Las manualidades de mis niños: europa | Manualidades, Niños, ProyectosEl Personaje De Dibujos Animados Que Coloreaba Fácil De Italia Se ...Dibujo de UK para Colorear - Dibujos.netDibujos para colorear Europa - Morning KidsMapa político de Reino Unido para imprimir Mapa de países del ...▷ Torre Eiffel: Dibujos e Imágenes para Dibujar la "Torre de París"Mapa político mudo de Francia para imprimir Mapa de departamentos ... cartoon albert einstein | Albert Einstein Funny Cartoon - this ... DIBUJOS DE ZEUS PARA PINTARDibujos infantiles de olimpiadas - Imaguidibujos para colorear de Alemania - Colorear dibujos infantilesDibujos de Grecia para colorear - Páginas para imprimir y colorear ...⊛ Mapa de Italia 🥇 Político & Físico ▷ Grande Para Imprimir · 2020


Domingo 29, ás 18:00 concerto de Jimena Ruíz e Ismael Serrano Vía streaming por instagram (Jimenaruizechazu e SerranoIsmael) ou por Facebook 


E o noso querido Paco, o xoves 2 de abril ás 17:00 no seu facebook  ou Instagram.

Ola familias!
Como xa sabedes no cole estabamos a traballar co método de lectoescritura "O país das Letras" ao que podedes ter acceso dende as apps de Edelvives que compartimos xa hai uns días. Como sei que non todos tedes a opción de deixarlle aos nen@s o ordenador, deixovos aquí unha  lista de reprodución de Youtube onde aparecen, en castelán, recollidos todos os contos. Navegando un pouco máis tamén podedes atopar as cancións.
No cole estabamos traballando as letras N/Ñ, así que podedes repasar ata ese conto e ir ampliando pouco a pouco segundo a necesidade dos vosos fillos. 
Se preferides os contos en formato papel para lérllelos vós aos nen@s escribídeme un correo-e e mándovolos. Tamén podería pasarvos algunha "cartilla de lectura" seguido a progresión do propio método se a alguén lle fixera falta.

Nós para axudar na lectura e na escritura o que adoitamos facer é esaxerar moito os xestos na cara cando realizamos os fonemas para facilitarlles aos nen@s a identificación dos mesmos. 

Tamén podemos aproveitar a facer pequenos xogos con eles como os de buscar e dicir palabras que comecen  por un determinado fonema ou que o teñan no medio. Sen "querelo" estaremos axudándolles para a posterior lectura.

Outra cousiña para reforzar á lectura é que escriban. Calquera cousa vale, poñer etiquetas as cousiñas que atopamos pola casa, inventar novas palabras e escribilas... 
Tedes que ter en conta que hai moitas letras que aínda non coñecemos e non foron presentadas na aula, por iso lles pode costar un poquiño máis. Por exemplo, se quixeran escribir "chocolate" aínda non terían porque coñecer que letras fan o sonido "Ch". Eu o que faría sería dicirlle como se escribe (primeiro en maiúscula, xa que son as que eles coñecen á perfección, e logo en minúscula) e dicirlle esaxeradamente como sona. Podedes aproveitar para ir a visionar no youtube o conto desa letra en concreto,a ver que historia conta para que os nen@s o relacionen.

Espero que isto vos sirva de algo, e recordade que pouco a pouco! Cada neno/a ten o seu ritmo e non debemos tampouco agobialos demasiado! Hai tempo a aprender de todo!

Boa fin de semana!

A editorial Santillana ven de ofrecernos de xeito gratuíto unha nova app para móbiles e táblets. Neste caso chámase PUPITRE e é para nen@s de infantil e dos primeiros cursos de primaria. Ten xogos de números, letras, para pintar...un montón de posibilidades! 
A xogar!


Estimadas familias:
Debido á suspensión de actividade lectiva presencial dada polo estado de alarma, necesitamos contar cun medio áxil para poder poñernos en contacto.

A consellería xa hai tempo que diseñou unha APP, ABALAR MÓBIL, para que todos os proxenitores (abonda con un por unidade familiar) se subsccriban cun teléfono móbil que teñan rexistrado no centro. Esta APP está dispoñible tanto en Play Store (Android) como en Appel Store (IOs). Dende ela poderedes poñervos en contacto cos mestres, xustificar faltas de asistencia, pedir titorías e recibir os boletíns de notas.

Por iso, e debido ao momento que estamos vivindo, pedímosvos a todas as familias que fagades uso desta aplicación xa que será o único medio no que poder comunicarlles as notas da 2ª avaliación que sairán a próxima semana (as datas das mesmas publicaranse proximamente na páxina web docentro).



Códigos QR para poder descargar a APP













Por favor, pasádelle esta información a todas as familias coas que teñades contacto, xa que nós dende a casa non temos acceso aos datos de todas as familias e así poderemos chegar mellor a todos/as.
Calquera dúbida que teñades podedes consultala aquí ou ao correo  alba.carril.casanova@cpivedra.com  e intentaremos axudarvos ou pasarlle a información á mestra correspondente.

Recordámosvos que non deixedes de visitar con regularidade a páxina web do centro, xa que alí é onde se colgan os avisos oficiais.
Do mesmo xeito animámosvosa seguir visitando noso blog, onde as mestras que impartimos docencia en infantil imos colgando actividades, recursos… para traballar coas nenas/os, na medida que poidades, dende o fogar.

Moitas grazas por todo e a coidarse!

Equipo de Educación Infantil.


UN POUQUIÑO DE RAZONAMENTO LÓXICO MATEMÁTICO!!





FICHAS DE EDUCACIÓN PREESCOLAR: EJERCICIOS DE SUMAS CON DADOS ...
FICHAS DE EDUCACIÓN PREESCOLAR: ¡ A CONTAR CON DADOS ! Ejercicios ...
FICHAS DE EDUCACIÓN PREESCOLAR: ¿QUÉ DADOS SON IGUALES? Actividad ...

LOS NÚMEROS DE LOS DADOS. - AULA PT | Dados, Matemáticas para ...

Bos días:
Como xa sabedes no cole estabamos traballando as emocións, e os nen@s de tres anos tocoulles "o amor". Se queredes podedes repasar con eles o último conto que traballamos sobre ese tema:
Conto unha manchea de bicos

Podedes preguntarlle e falar sobre:

  • As personaxes.
  • De que cor son os bicos.
  • De que sabor son os bicos.
  • Debuxar o que queiran ou dirixilos vós sobre algún aspecto.
  • Todo o que se vos ocurra ou vaia xurdindo na conversa.
Debemos manter sempre unha actitude positiva e nestes días emocionalmente complicados, pode superarnos a situación e facernos sentir mal, por iso, é importante expresar esas emocións e intentar identificalas. Estas actividades igual vos poden axudar:
  • Emocións en situacións: personaxes animados nos que hai que adivinar que emoción están sentindo. Despois podedes facer un debuxo coas cousas que vos dan medo, estar tristes, alegres...

  • Acouga: Unha canción para manter a calma.

Espero que desfrutedes e poidamos vernos pronto. Bicos.

Que vos parece organizar unha busca do tesouro?

Comezamos ca primeira pista, que através dun conto ou unha adiviña nos levará onde está a segunda pista. De pista en pista chegaremos á ultima, onde atoparemos un mapa que nos levará onde se esconde o tesouro.

Podemos aproveitar para enumerar as pistas cos nenos e nenas a medida que as vaiamos atopando.

Tamén podemos buscar as letras "u" en minúscula dentro da pista.

Un divertido xogo en familia para estes días de encerro!!

Resultado de imagen de tesoro

Hoxe preséntovos un programa feito pola súper profe Lucía!! Está estupendo para seguir practicando na línea na que estamos traballando.
Ánimo e a pasalo ben!!

Ola familias!
Como xa sabedes un dos proxectos da aula que tiñamos este ano era sobre "Valentina Tereshkova". Pois hoxe traiovos un pequeno xogo que fixen relacionado co tema. Aparecen máis seres vivos terrestres relacionados co espazo, así que igual tedes que investigar un pouquiños sobre eles pola vosa conta. Tedes o xogo facendo clic neste enlace.
É o meu primeiro LIM  dende fai moitos anos, así que non está moi perfeccionado (teño que volver a traballar coa aplicación para que saian cousas mellores). 
Espero que vos guste!

Ola familias!
Traemos boas novas da man da editorial Edelvives! Veñen de abrir máis aplicacións para que os nen@s poidan xogar e aprender dende a casa! Ademais das dúas que xa vos comentamos en post anteriores ("Mola la letra" e "Que te cuentas") contamos con outras ferramentas coas que xa traballamos no cole, como pode ser "Next", o noso compañeiro co que traballamos robótica coa profe María!
Ademais, nesta ocasión podedes descargar algunhas das apps tamén nos móbiles ou tablets! So tedes que buscar as app en Google Play de Android ou App Store de IOS (abaixo poñémosvos os enlaces directos para que sexa máis cómodo) e introducir o CÓDIGO DE ACCESO edelvives.

Aquí vos deixo os enlaces para cada unha delas!

-SPLASH KIDS
É unha aplicación coa que seguir traballando dixitalmente o método Sirabún. Este ano no cole non traballamos con este método, pero esta app conta con moitas aventuras coas que xogar mentras aprenden! Ollo!É unha aplicación que necesita bastante espacio!

- SPLASH KIDS 3 ANOS



- SPLASH KIDS 4 ANOS


- SPLASH KIDS 5 ANOS


- CHESS APP 
Aplicación de xadrez creada para que neas e nenos poidan iniciarse (ou non, que xa temos moitos que xogan!) neste milenario xogo de forma moi divertida ata chegar a ser expertos!

- NEXT
Next, como xa dixemos arriba, é o noso compi no cole co que traballamos robótica. Aquí preséntase de forma "virutal" para poder practicar secuencias de programación, o razoamento espacial e a percepción do espazo. Cada percorrido de Next é un reto a resolver, e a medida que avanza o xogo propón retos de maior dificultade!


E ademais se queredes compartir con outras familias, acaban de abrir para todo o mundo tamén "Mola la letra" e "Que te cuentas" ao que nós xa tiñamos acceso. Para iso terán que rexistrarse na páxina de edelvives neste enlace  e introducir os seguintes códigos de licencia (se algún de vós aínda non os descargara podedes empregar tamén estes códigos!).





Se tedes calquera dúbida poñedevos en contacto con nós aquí no blog ou escribídelle un correo á profe Alba: alba.carril.casanova@cpivedra.com 

Moito ánimo!!

Grazas á profe 






fíxemonos con estes mandalas elaborados por Carmen Ortega. Déixovolos neste enlace para que poidades descargalos, imprimilos e crear os vosos nomes, das vosas familias ou o que queirades!
Non vos olvidedes que hai que ler un poquiño cada día para non esquecernos!
Apertas!!

Hoxe propóñovos atopar ó "Rei u" no medio dos nomes dos vosos compis!!



Carlota         Miriam        Naiara         Fabián       Martín G.    


   Iraila         Daniella          Dara          Laura           Lucas        


  Alba             Sofía             Noel            Yaiza         Uxía     


  Martín T.          Paulo



Vos deixo unha mandala da letra "u" , onde podedes non so pintar , se non tamén, escribir o nome dos debuxos que aparecen nela.

Resultado de imagen de mandala u





      Todas as semanas, cando temos clase de Psicomotricidade no noso cole, empezamos a sesión bailando unha canción. 
Deixámosvos a continuación os enlaces a algúns destes bailes, por si vos apetece mover un pouco o voso corpiño!!!!






Boas: 
Xa chegou a primavera e, aínda que teñamos que seguir confinados nas casas, propóñovos de novo unha canción e un conto cos que podedes pasar un anaquiño en familia desfrutando dos vosos peques, aos que por certo, boto moitísimo de menos.
Cantaremos e  falaremos das características e cambios que se producen en cada estación.
Espero vos guste:

Canción "El juego de las flores"

Cuento "Las estaciones del año"

Se queredes tamén podedes facer unha manualidade moi sinxela das que vos mando o enlace:

El ciclo de las estaciones inspirado en Montessori

A seguir con moito ánimo e paciencia, que seguro que todo sairá ben.

Bicos e abrazos a mogollón.

Ola familias!
A editorial Paraninfo  Everest púxose en contacto con nós por se queriamos partillar o material coas familias. Así que grazas a eles podemos compartir con vós traballiños de grafomotricidade e de lóxico matemática para que poidades imprimir e traballar na casa.




Moito ánimo e a seguir a diante!

Pouco antes de comezar o illamento, os nosos pequenos e pequenas comezaron con gran ilusión o primeiro libro de letrilandia, aprendendo a facer as vogais en minúscula.
Para que non esquezan o aprendido, poden escoitar a canción e o conto nos seguintes links,

Conto : https://www.youtube.com/watch?v=9KJMbH_nOaM


Canción: https://www.youtube.com/watch?v=nHaHMHn7CaI

Ou na web: https://edelvivesdigital.com/#apps, na que ademais poden practicar os trazos xogando.

Unha actividade que soemos facer na aula é decir nomes de cousas que nos rodean, escribilos e se atopamos unha "u" rodeámola. posteriormente pódese facer o mesmo exercicio so falando, sen necesidade de escribilo, de maneira que cada vez que cambiemos de habitación ou saiamos ó xardín, teremos novas palabras onde atopar ó  Rei U.

O que queira pode pintalo!!

Resultado de imagen de rey u

Seguindo co fio do cadrante do cen, hoxe preséntovos algunhas actividades máis de matemáticas manipulativas que realizamos na aula.

1. Celdas

Cadrante do 100
Celdas

 A partir do cadrante do cen podemos cubrir unhas celdas coma estas. No centro ponse un número escollido ao azar, e debemos cubrir a cruz atendendo ás casas segundo o cadrante: no centro da cruz o número elixido, arriba dez menos, abaixo dez máis, á dereita o inmediatamente anterior e á esquerda o inmediatamente posterior. A medida que fagamos o exercicio e teñamos claro como cubrir, podemos facelo sen mirar o cadrante. Esta actividade está moi ben tamén para facer cos irmáns maiores!

2. Exercicios de subitización.
Subitizacion con pompóns
A subitización é a capacidade de faer un cálculo aproximado segundo o cal sabemos identificar unha cantidade sen necesidade de contala. Por exemplo,  cando vemos unha man aberta, todos sabemos que hai cinco dedos sen necesidade de contar dedo a dedo Para traballar a subitización  na aula usamos este material. Eu, ou un dos nenos, sumerximos o depresor con velcro na caixa chea de pompóns. A continuación facemos un barrido rápido ensinándolle aos demais nen@s  de maneira que se fagan unha idea de cantos pompóns hai e agochamos. Logo dicimos as nosas apostas e comprobamos. Podedes facelo con calquer obxecto que teñades  na casa, por exemplo tapóns dos cartóns de leite: colledes un puñado, poñédelo na mesa e a continuación tapar cun papel, un xornal... cantos hai agochados debaixo?
Outra maneira de traballala é xogando cos dedos das mans ou mesmo xogando con dados, dominós...


3. Oveiras

Oveiras


Para traballar a serie numérica, números pares, impares... empregamos estas oveiras que decoramos xa o curso pasado. Trátase de meter tantos obxectos na oveira como o número que indica. Se o facemos cunha pinza ademais traballamos a motricidade fina!











4. Cantos viven aí?

Cantos viven aí?

Agora que estamos encerrados nas casa podemos xogar a "Cantos viven aí". No tellado do edificio indícase cantas persoas poden vivir en cada planta do edificio, pero, ollo! Non podemos repetir entre plantas, para que o edificio non se desequilibrie e non se derrumbe! No cole axudámonos con obxectos como na foto. O máis sinxelo é coller primeiro tantos obxectos como o número escollido, e logo repartir en cada planta. 




6. Matamoscas.

Matamoscas
Esta é igual máis complicada para facer na casa, pero seguro que se vos ocorren outras maneiras de facer algo parecido! No matamoscas temos pegado velcro, e detrás das moscas tamén. Procuramos "matar" as moscas e contamos: cantas verdes pillei? e cantas brancas? laranxas? hai máis brancas ou máis verdes? Cantas pillaches ti? cantas máis (ou menos) ca min?

Que vos parece se movemos un pouco o corpo a ritmo de salsa?
A bailar!

Sei que a moitos de vós chíflanvos as manualidades e os experimentos. Tiña pensando facer esta experiencia no cole pero aquí vos deixo un tutorial de como facer UNHA GALAXIA. É moi sinxelo e cando a miremos podemos pensar que estamos no espacio exterior!
Precisaredes:
- Auga
-Un bote/frasco de calquera tamaño
- Algodón
- Colorante alimenticio ou témpera
- Purpurinas
Xa vedes que con poucos materiais podemos facelo!
Pinchando aquí podedes ver o titorial. Xa me contaredes que tal vos foi!
Bicos!!

Boas familias!
Hoxe traio outra actvidade a partires dun conto (síntoo, pero e que me encanta oir e contar historias!) da man de "Kalandraka TV": "Unha última carta". (se vos enlaza directamente coa páxina de Kalandraka TV, por favor, buscade ese conto, que cando vaiades pode ser que xa estea outro).
E...cal é a miña proposta? Xa que imos botar moito tempo sen vernos...que vos parece se me escribides e me mandades unha carta? Contádeme o que queirades,e  podedes tamén facer algún debuxo! Que mami ou papi lle saque unha foto e ma envíe e...eu prometo responder do mesmo xeito!
E o mesmo exercicio pero...que vos parece escribirlle algo aos vosos amigos e amigas do cole que fai tanto que non vedes? Seguro que na vosa familia lle poden chegar esa carta por unha mensaxe!
Coidádevos moito!
Ah! E cando volvamos ao cole mandareivos unha invitación como ao Señor Costas pero para facer unha festa de benvida!

CHEGOU A PRIMAVERA!!

Aquí vos deixo un link a un musicograma da obra de Vivaldi " a primavera"




Mentres escoitan a canción poden decorar a seguinte imaxe (ou calquera que atopedes relacionada co tema).

Poden usar todo tipo de materiais para pintala. Ceras de cores, papel de seda facendo boliñas, plastilina, témperas...



Resultado de imagen de primavera niños para colorear

IMOS A POLO SEGUNDO LUNS DE CORENTENA!!!

Nestas últimas semanas os nenos e nenas de infantil e primaria do noso cole, estiveran a preparar e plantar un horto espectacular, non só na propia terra, se non que tamén decorando e adaptando neumáticos vellos a modo de testos. Os nosos pequenos e pequenas de catro anos plantaron repolos no chan e leitugas nunha roda. como non podemos facer o seguimente, coidado e estudo do seu crecemento, suxírovos plantar algo na casiña, coidalo e incluso rexistrar nun diario o seu crecemento.
Como non todos temos un xardín onde plantar, que vos parece reciclar as cápsulas de café?
Podemos coller unha cápsula das que usemos na casa, vaciala, decorala, enchela de algodón e cun pouquiño de auga enterrar 4 ou 5 lentellas.
No diario podemos anotar, con fotos, por días o seu crecemento, o tempo que facía aquel día...

Xa nos contaredes o resultado!!

O que queira mandar algunha foto do seu traballiño pode engadila a comentarios!!


Resultado de imagen de capsula cafe maceta


Déixovos aquí dous xogos que xa coñecedes!!


Apertas para todos e todas!!

Autor pictogramas: Sergio Palao   Procedencia: ARASAAC (http://catedu.es/arasaac/)  Licencia: CC (BY-NC-SA)

Bos días:
Espero que esta semana que acaba de rematar fora o máis doada posible para todos, e empezando unha nova, con moito ánimo e forza, propóñovos un conto que lles gusta moito, para que compartades con eles:

ELMER  
  
Un elefante multicolor protagonista de múltiples aventuras coas que se nos enseña valores importantes como a amizade, o respeto ou a diversidade.

CANCIÓN ELMER


Posibles actividades:
  • Ofrecer un elefante Elmer para pintar.

Resultado de imagen de elmer para colorear


actividades de Elmer
  • Usando como referencia o conto «Elmer y el arcoíris», podemos crear murais de arcoíris usando as nosas mans e pintura de dedos.








 O arco da vella perdes as súas cores e Elmer pregúntase se podería darlle os seus.

  • Falar das letras das que se compón o nome do protagonista do conto e tratar de escribilas baixo o modelo, sempre en maiúsculas. Aproveitamos para escribir cada un o seu propio nome e localizamos as letras que coinciden con ELMER.

MOITO ÁNIMO E A SEGUIR NA CASA DESFRUTANDO DA FAMILIA. BICOS


Ola pequenos e pequenas de Vedra!!!
Espero que sigades todos e todas ben. 
Déixovos aquí uns cantos enlaces que vos poden gustar:

Aproveitade as tarxetas para falar moito e, sobretodo, para xogar en familia e pasar un bó rato.
Dende a nosa cova de chocolate e améndoas, toda a familia do Dragón Pepón mándavos unha aperta moi grande!!!

Como sabemos que moitos nenos e nenas de infantil teñen irmáns maiores, queremos partillar tamén con vós esta iniciativa de RTVE : "Aprendemos en casa".  A través de Clan TV poderán seguir as materias na TV.
Moito ánimo!

Agora que imos pasar un tempiño na casa somos máis conscientes dos pequenos perigos que temos no día a día. As nenas e nenos son curiosos por natureza e moitas veces non son conscientes dos problemas que poden ter certos obxectos e cousas que temos polo fogar.
Xa fai anos que a Xunta de Galicia presentou o proxecto "E por que?" onde o gato tolo é unha inqueda persoaxe que mete sempre as mans onde non debe e non fai máis que meterse en xaleos!
Que vos parece recrear unha escena do gato tolo coa plasti? Ou inventar e escribir unha historia do gato tolo e os seus amigos? 
Toda precaución é pouca!
Virtubicos!

A cuarentena non entende de fins de semana nin de festivos... así que hoxe queremos compartir con vós un recordo do ano pasado! Seguro que a moitos lles fai ilusión volver a verse recitando un poema de Rosalía de Castro!
Hoxe deixámosvos aquí un par de poemas infantiles musicados para que poidades escoitar e bailar!






Bo día familias!
Hoxe quero ensinarvos outra das rutinas que facíamos diariamente no cole!
Chámase "O número protagonista" e o encargado da aula era o responsable, coa axuda de dúas compañeiras/os, de cubrir o panel correspondente. 
Elaborei no ordenador o  panel o máis fiel posible ao que temos no cole, para que así as nenas/os o identifiquen e lles sexa máis sinxelo.  Os rectángulos brancos son os anaquiños de velcro onde as pícaras/os ían colocando o que explicamos a continuación.

Que hai que facer?  Aquí van as explicacións paso a paso:

1º. Tirar un dado: no cole era un dado de DEZ caras. Podedes empregar calquera dado ou incluso se vos animades aumentar os números agora que xa sabedes como funiona o cadrante e escoller un número ao chou. Ese número escollido será o protagonista, e polo tanto colocarémolo debaixo da coroa. Tamén ao seu lado os veciños, o número anterior (-) e o número seguinte (+).


A partir de aquí a orde é como escolla a nena/o, pero eu vou ir explicando paso a paso.

2º. Buscar o letreiro no que pon como se escribe en letras minúsculas o número e escribilo nós en letras maiúsculas no rectángulo branco grande.


3º. Engadir tantas naves como o número que nos tocou. Nós tiñamos naves impresas polo proxecto de aula que estamos a facer, pero vale contar calquera cousa que teñamos! A cuestión é relacionar a grafía do número coa súa cantidade.


4º. No dominó hai que buscar todas as convinacións posibles que, coas dúas partes da ficha do dominó, sumen o número protagonista. Podedes empregar un dominó clásico que teñades por casa, facer un en papel se non tedes, ou con algún infantil.


5º. Como se representa ese número cun dado tradicional? Se o número é moi grande, teremos que usar dous dados e calquera opción que sume o número en cuestión é correcta!


6º. Cunhas mans que tiñamos de goma eva e con velcro indicamos cos dediños a cantidade correspondente.

7º. E no cohete facemos unha conta atrás dende o número protagonista!


Deste xeito, se por exemplo nos tocase o número cinco, quedaría tal que así:


Ao rematar, á encargada/o ensinávanos o panel e entre todos correxiamos se había algún erro!

Podedes xogar con isto sen necesidade de ter un panel como tal, simplemente trátase de ver como os números se poden plasmar ou identificar de diferentes formas!

A xogar!

Alba.