Boas familias!
Hoxe traio un montón de traballiños sobre o universo!
Como xa sabedes é un tema que estabamos traballando para ampliar o proxecto sobre Valentina Tereshkova e onde cada nena/o nos presentaba un elemento do espacio na aula. Como son varias as familias que queredes traballiños impresos para poder traballar na casa facendo CLIC AQUÍ teredes acceso a diversos materiais que preparei. Necesitarán a vosa axuda ou a dun irmán maior quen teña, que seguro que lles bota unha man encantados!
- O documento "Extraterrestres" trae algunha ficha de lóxico matemática (para contar, sumar e describir).
- Os outros documentos terán que ir na seguinte orde:
* O "Proxecto universo peques" son fichas de cada un dos planetas do Sistema Solar. Son moi. básicas, onde terán que cubruir con datos que xa coñecemos de ver no cole. Ben, poida que non se acorden así que igual tedes que investigar un poquiño. Na aula veíamos os vídeos e cancións sobre os planetas das canles de Youtube Pinkfong e de Smile and learn. No mesmo enlace atoparedes un docmento que se chama "proxecto universo chuleta" por se tedes dúbidas sobre como cubrir. Se non saben podedes darlle pistas dicindo como empeza a palabra, ou explicando sobre o que está preguntando.
* "Cal é o planeta" ou "Sistema solar" poderedes facelos a continuación dos traballos anteriores, na orde que prefirades.
CHEGA E SOBRA CON UNHA FICHA AO DÍA! Tampouco vos poñades a facer fichas e fichas e fichas!
AH!E NIN QUE DICIR CABE QUE NON SON OBRIGATORIAS! É so un material para que teñades aí para quen queira facelo e botar man del!
Unha aperta moi grande a tod@s!