twitter
rss

Bo día familias!
Hoxe quero ensinarvos outra das rutinas que facíamos diariamente no cole!
Chámase "O número protagonista" e o encargado da aula era o responsable, coa axuda de dúas compañeiras/os, de cubrir o panel correspondente. 
Elaborei no ordenador o  panel o máis fiel posible ao que temos no cole, para que así as nenas/os o identifiquen e lles sexa máis sinxelo.  Os rectángulos brancos son os anaquiños de velcro onde as pícaras/os ían colocando o que explicamos a continuación.

Que hai que facer?  Aquí van as explicacións paso a paso:

1º. Tirar un dado: no cole era un dado de DEZ caras. Podedes empregar calquera dado ou incluso se vos animades aumentar os números agora que xa sabedes como funiona o cadrante e escoller un número ao chou. Ese número escollido será o protagonista, e polo tanto colocarémolo debaixo da coroa. Tamén ao seu lado os veciños, o número anterior (-) e o número seguinte (+).


A partir de aquí a orde é como escolla a nena/o, pero eu vou ir explicando paso a paso.

2º. Buscar o letreiro no que pon como se escribe en letras minúsculas o número e escribilo nós en letras maiúsculas no rectángulo branco grande.


3º. Engadir tantas naves como o número que nos tocou. Nós tiñamos naves impresas polo proxecto de aula que estamos a facer, pero vale contar calquera cousa que teñamos! A cuestión é relacionar a grafía do número coa súa cantidade.


4º. No dominó hai que buscar todas as convinacións posibles que, coas dúas partes da ficha do dominó, sumen o número protagonista. Podedes empregar un dominó clásico que teñades por casa, facer un en papel se non tedes, ou con algún infantil.


5º. Como se representa ese número cun dado tradicional? Se o número é moi grande, teremos que usar dous dados e calquera opción que sume o número en cuestión é correcta!


6º. Cunhas mans que tiñamos de goma eva e con velcro indicamos cos dediños a cantidade correspondente.

7º. E no cohete facemos unha conta atrás dende o número protagonista!


Deste xeito, se por exemplo nos tocase o número cinco, quedaría tal que así:


Ao rematar, á encargada/o ensinávanos o panel e entre todos correxiamos se había algún erro!

Podedes xogar con isto sen necesidade de ter un panel como tal, simplemente trátase de ver como os números se poden plasmar ou identificar de diferentes formas!

A xogar!

Alba.

0 comentarios:

Publicar un comentario