Como xa sabedes, os peques de 4 anos estamos dando a volta ó mundo entre todos, presentando cada peque un país.
Para non esquecer o traballado, cada neno ou nena, pode buscar no globo terráqueo ou nun mapa o seu país e contarvos algo sobre o mesmo. Ademáis, se se lembra do resto dos países, pódevos contar tamén algo sobre eles. Incluso, o que queira e vexa convinte, pode explicar o comezo do coronavirus e a súa expansión polos países que xa traballamos.
Podedes poñer música dos diferentes países para bailar e para relaxarse, como facíamos na clase.
Agora que debemos de ter todos moreas de rollos de papel hixiénico e que hai que tentar facer o mínimo lixo posible...podemos reciclar eses rollos!
Ocúrreseme facer un lapiseiro para ter organizados os nosos útiles de traballo, pero non un lapiseiro calquera, se non un lapiseiro dos 6 continentes.
No cole, cada mesa era un continente, a asamblea era a Antártida e os recantos eran Oceanía.
pintar cada rollo co debuxo de cada continente, ou cun do continente ou simplemente co nome de cada continente, e unha vez decorados podemos pegalos os uns ós outros por un lateral. No fondo pegamos un círculo dunha cartoliña de cores e voilà! xa temos organizadas as pinturas, o lapis, a goma, os rotus... todo o que queiramos!
Póñovos unhas imáxines da idea. Poden ser ca temática do mundo ou decorados como queirades!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)