twitter
rss

Non hai mal que por ben non veña, din! Así que, aproveitando para facer limpeza na casa, atopamos tesouros que quedaron gardados dende hai moitos moitos anos!
Nesta caixiña atopei un dos maiores pasatempos de cando eu era pequena!
Non sei cantas horas puiden botar elaborando pulseiras e colares feitos de pasta! Tamén é certo que era algo máis grandiña, xa que as estrelas de sopa son moi pequenas e con furados moi pequeniños para os nenos e nenas de infantil.

Para facer as de cores, colliamos rotuladores vellos. Sacabamos a tinta, cortabamola en cachiños e metíamola en botes con alcol de queimar e a pasta. Deixabamos esperar medio día ou un día enteiro (en función da intensidade que queríamos darlle á pasta). Logo coabamos, deixabamos secar e xa estaba listo para enfiar!


As marróns era moito máis fácil, só as tiñamos que tostar un pouco coa tixola! 

Podedes probar a facer vós algunhas con macarróns, tiburóns...ou calquera pasta que haxa por casa!

Por certo! A miña mamá galiña non me ensinou a receita de biscoito para o almorzo pero cambiouno por unhas galletas! 


A merendar!

Alba.

1 comentarios:

  1. ENCANTÁBAME!!

Publicar un comentario