Boas:
Indicóvos unhas suxerencias moi sinxelas, que agardo vos fagan pasar estes días de confinamento nas casas, dunha maneira máis levadeira e agradable:
- Xogar con calquera tipo de modelar.
- Xogar en familia a xogos de mesa, por exemplo ás cartas.
- Xogos de espello: imito xestos do outro.
- Contar contos.
- Facer marionetas de personaxes de contos e representalos.
- Xogar aos disfraces.
- Dobrar papeis, rasgalos, recortalos...
- Traballar a atención a través de xogos como o "vexo, vexo" ou busca de determinados obxectos, números ou palabras en contos, revistas...
- Inventar historias.
- Bailar a diferentes ritmos.
- Contar obxectos (pinzas da roupa, iogures...) e clasificalos por formas ou cores.
Tamén a vosa disposición infinidade de recursos online dos que botar man, como por exemplo:
Agardo vos sexa útil e a desfrutar!!!