twitter
rss

Para os máis pequenos e pequenas da casa as rutinas son moi importantes no día a día. Axúdanlles a sentirse seguros porque poden adiantarse aos acontecementos ao longo do día e fan que todo sexa máis claro e entendible. Nestes días que nos toca vivir é difícil seguir unhas rutinas, sobre todo porque estamos vivindo unha situación excepcional. 
Por se o necesitades, tendo como referencia un horario atopado na rede, editamos estas rutinas diarias. Podedes imprimilas, deixalas á vista dos nenos/as e telas de referencia para o día a día. 
Esperamos axudarvos a levar mellor estes días!

0 comentarios:

Publicar un comentario