Boas familias!
Hoxe traio outra actvidade a partires dun conto (síntoo, pero e que me encanta oir e contar historias!) da man de "Kalandraka TV": "Unha última carta". (se vos enlaza directamente coa páxina de Kalandraka TV, por favor, buscade ese conto, que cando vaiades pode ser que xa estea outro).
E...cal é a miña proposta? Xa que imos botar moito tempo sen vernos...que vos parece se me escribides e me mandades unha carta? Contádeme o que queirades,e podedes tamén facer algún debuxo! Que mami ou papi lle saque unha foto e ma envíe e...eu prometo responder do mesmo xeito!
E o mesmo exercicio pero...que vos parece escribirlle algo aos vosos amigos e amigas do cole que fai tanto que non vedes? Seguro que na vosa familia lle poden chegar esa carta por unha mensaxe!
Coidádevos moito!
Ah! E cando volvamos ao cole mandareivos unha invitación como ao Señor Costas pero para facer unha festa de benvida!
Ah! E cando volvamos ao cole mandareivos unha invitación como ao Señor Costas pero para facer unha festa de benvida!