Querida profe Alba.... non teño dados para xogar co cadrante!!!
Non pasa nada!Sempre podemos facelos cunha simple pasta de sal
INGREDENTES:
- 100 gramos de fariña.
- 50 gramos de sal.
- Unha xerra de auga.
ELABORACIÓN:
Nun recipiente mezclamos a fariña e o sal e imos botando auga mentres removemos cunha culler ata que colla consistencia para remover e amasar cas mans.
Podemos medilo e rexistralo cos nenos aproveitando para traballar as unidades de medida.
Unha vez que consigamos a consistencia axeitada, gardámolo na nevera polo menos durante media hora ó vacío
E listo para mezclar con colorante ou témpera!
Agora xa podedes elaborar o dado, e un montón de cousas más que se vos ocurran, incluso un cadrante do100!!!
Aínda que o cadrante e os dados poidan resultar complexos para os pequenos de 3 anos, tamén poden elaborar esta pasta facendo formas xeométricas ou os adornos que se vos ocurran.
DESFRUTADE DA MANUALIDADE E A COIDARSE MOITO!!
ESPE