Bos días:
Espero que esta semana que acaba de rematar fora o máis doada posible para todos, e empezando unha nova, con moito ánimo e forza, propóñovos un conto que lles gusta moito, para que compartades con eles:
ELMER
Un elefante multicolor protagonista de múltiples aventuras coas que se nos enseña valores importantes como a amizade, o respeto ou a diversidade.
CANCIÓN ELMER
- Ofrecer un elefante Elmer para pintar.
- Usando como referencia o conto «Elmer y el arcoíris», podemos crear murais de arcoíris usando as nosas mans e pintura de dedos.
O arco da vella perdes as súas cores e Elmer pregúntase se podería darlle os seus.
- Falar das letras das que se compón o nome do protagonista do conto e tratar de escribilas baixo o modelo, sempre en maiúsculas. Aproveitamos para escribir cada un o seu propio nome e localizamos as letras que coinciden con ELMER.
MOITO ÁNIMO E A SEGUIR NA CASA DESFRUTANDO DA FAMILIA. BICOS