Estimadas
familias:
Debido á
suspensión de actividade lectiva presencial dada polo estado de alarma,
necesitamos contar cun medio áxil para poder poñernos en contacto.
A consellería xa
hai tempo que diseñou unha APP, ABALAR
MÓBIL, para que todos os proxenitores (abonda con un por unidade familiar)
se subsccriban cun teléfono móbil que teñan rexistrado no centro. Esta APP está
dispoñible tanto en Play Store (Android) como en Appel Store (IOs). Dende ela
poderedes poñervos en contacto cos mestres, xustificar faltas de asistencia,
pedir titorías e recibir os boletíns de notas.
Por iso, e debido
ao momento que estamos vivindo, pedímosvos a todas as familias que fagades uso
desta aplicación xa que será o único
medio no que poder comunicarlles as notas da 2ª avaliación que sairán a
próxima semana (as datas das mesmas publicaranse proximamente na páxina web docentro).
Códigos QR para poder descargar a APP
Por favor, pasádelle
esta información a todas as familias coas que teñades contacto, xa que nós
dende a casa non temos acceso aos datos de todas as familias e así poderemos
chegar mellor a todos/as.
Calquera dúbida que teñades podedes consultala aquí ou ao correo alba.carril.casanova@cpivedra.com e intentaremos axudarvos ou pasarlle a información á mestra correspondente.
Recordámosvos que non deixedes de visitar con regularidade a páxina web do centro, xa que alí é onde
se colgan os avisos oficiais.
Do mesmo xeito animámosvosa seguir visitando noso blog, onde as mestras que impartimos docencia en
infantil imos colgando actividades, recursos… para traballar coas nenas/os, na
medida que poidades, dende o fogar.
Moitas grazas por todo e a coidarse!
Equipo de Educación Infantil.