BOS DÍAS A TOD@S!
Sodes capaces de poñer as mesmas posturas que estes nen@s? Animádesvos?
BENVIDOS A XAPÓN! QUE TAL ESA VIAXE EN BARCO? SABEDES POR QUE TIVEMOS QUE VIR EN BARCO? PORQUE XAPÓN É UNHA ISLA!!
Para rematar con Rusia, aléntovos a pasar á derradeira páxina "CURIOSIDADES" e, despois de ver os enlaces e escoitar os contos e a música, facer un cadro de debuxo libre, escoitando a música do cascanoces. Que sensacións vos provoca esta música? como vos sentides? Podedes plasmalo nun debuxo con témperas e pincel? Adiante meus artístas!!
Neste xogo que vos deixo hoxe debedes adiviñar quen está agochado! Coñeceredes a tod@s?
Bos días familias!! Seguimos con Rusia. Se pasamos á páxina carreira espacial, podedes ver unhas imáxines das primeiras persoas en chegar ó espazo exterior. Mirade os videos a ver que vos parecen!
Hoxe na vídeo conferencia estivemos falando do experimento das margaridas. Aínda non vos ensinara o meu resultado, e a verdade e que desta vez o experimento non saliu moi ben. Pero aquí vos ensino algunha das margaridas que me colleu un pouco de cor, aínda que xa están algo murchas.
Igual había que botar máis auga?
Cortar doutra maneira o talo?
Poñer máis colorante?
Son moitas as incógnitas que me xurden!
BOS DÍAS! HOXE AVANZAREMOS ATA A PÁXINA DE COSTUMES, ONDE PODEMOS VER UN MOTÓN DE COUSAS SOBRE RUSIA.
Bo día a tod@s!
Aquí estamos unha semana máis! Deixo por un lado as instrucións dos traballiños e por outro lado un documento coas indicacións para as videoconferencias!
Unha aperta!
TRABALLOS DO 25 AO 29 DE MAIO
XOGO PARA TRABALLAR OS CARDINAIS
QUE TAL A FIN DE SEMANA? APETÉCEVOS APRENDER MÁIS COUSIÑAS DE RUSIA?
Aquí temos a muralla feita de bloques por Noel! e mirade neste vídeo canto traballou! que ben feitiño!!Bravo campeón!A seguir traballando así!!
Canto traballamos sobre China!! Alba mándanos unhas fotiños dos seus traballliños. Bravo Albiña!
Un fermoso autobús lévanos de China a Rusia!! Qué sabemos sobre Rusia? Contádelle a mami e a papi que cousas sabedes sobre Rusia. NADA??? Algo saberedes... non? Bueno logo, pois mirade esta presentación a ver se descubrides algunhas cousiñas novas.
Un dos animais máis típicos da China é o oso panda. Na penúltima páxina da presentación podedes atopar unha pouca información sobre este animal tan fermoso.
Que rico!! Como xa falamos en outras ocasións en cada país temos as nosas tradicións culinarias e incluso cos mesmos ingredentes, podemos facer cousiñas moi diferentes.
Avanzade ata a páxina de " COMIDAS"
Bos días!! Seguimos avanzando con China! Hoxe veremos algunha das súas costumes.
Hoxe é a quenda de Vega! Algo di dun pito que está coxo...mirade, mirade!Moi ben Vega!!
TRABALINGUAS VEGA
Boas familias!
Aquí vos deixo o documento para os traballiños desta semana! Lede atendos que hai novas importantes.
E aquí debaixo quedan os xogos que preparei para reforzar e entender mellor as fichas de mates, espero que vos sexan de axuda.
Unha aperta!
QUE NÚMERO FALTA?
Si, si...xa sei!Que hoxe é domingo e "Sábado e domingo, non hai cole!". Pero é que hai alguén por aquí que quería mandar unha mensaxe para tod@s vós!
(Facede clic na imaxe para ver a mensaxe!!)
CASAS UNIFAMILIARES |
EDIFICIOS GRANDES |
PAZOS (CASTELOS GALEGOS |
SEGUIMOS CON CHINA!
CREDES QUE ESCRIBEN IGUAL CA NOS? RECORDADES O NOSO ALFABETO? TÉMOLO COLOCADO POR TODA A CLASE VERDADE?