twitter
rss

QUE TAL A FIN DE SEMANA?  APETÉCEVOS APRENDER MÁIS COUSIÑAS DE RUSIA?



NA CUARTA PÁXINA ATOPAREDES UN ÍNDICE CON COUSIÑAS SOBRE ESTE PAÍS E UN VÍDEO SOBRE O  MESMO.
Se pinchades na opción MAPA , levaravos a unha páxina onde podedes ver o mapa de Rusia e un video onde explica un pouco os límites entre Europa e Asia, continentes nos que se atopa Rusia. A pesar de que pisa ambos continentes, a meirande parte da súa extensión atópase en Asia, por iso o traballamos na "MESA ASIA" e non na "MESA EUROPA".
Dibujo para colorear - Mapa de Rusia
Clicando na imaxe atoparedes este mapa con monumentos, animáis e cousiñas típicas do país, coma o transiberiano e as matrioskas que podedes decorar ó voso gusto.

Sabedes que en Rusia atópase a cidade habitada máis fría do planeta? Chegan a 70 grados baixo 0!! (clicando no índice en "cidades importantes", tendes uns cantos vídeos Rusia e as súas cidades máis importantes)
E como saben iso? pois medímolo cun termómetro coma o que vos pon a profe baixo o brazo cando estades pochiños. E aquí en primavera...que temperatura fai? creo que esta semana imos ter calor. Que vos parecería medir a temperatura que fai cada día desta semana e anotala pintando de vermello ata os grados que alcancemos ó mediodía? Aquí vos deixo unha plantilla clicando na imaxe, pero podedes anotalo como queirades.

 temperatura diaria

A disfrutar da primavera e do bo tempo!!


0 comentarios:

Publicar un comentario