BOS DÍAS! HOXE AVANZAREMOS ATA A PÁXINA DE COSTUMES, ONDE PODEMOS VER UN MOTÓN DE COUSAS SOBRE RUSIA.
Víchedes nos videos que teñen un alfabeto diferente ó noso. Recordades o noso alfabeto non? Imos escoitar unha canción que nos recodará o abecedario galego e logo podedes decoralo neste traballiño.
Un "xoguete" moi típico de Rusia son as "MATRIOSKAS", unhas bonecas que se insertan unhas dentro das outras, podendo xogar a escondelas e a montalas e desmontalas. Porpóñovos unha actividade de reciclaxe para recrear este xoguete:
PRECISAREMOS: Botellas plásticas de 3 tamaños diferentes( 6 botellas), pinturas tipo acrílico, pincel, celo, unha tesoira e a plancha da casa.
PASOS
1. Collemos as 6 botellas de plástico e cortámolas á metade, quedándonos só ca parte inferior das mesmas.
Teremos así, seis fondos de botellas de plástico de 3 tamaños diferentes.
3. Dámoslle unha ou dúas máns de pintura blanca. Unha vez seca podemos decorala como queiramos, deixando unha parte como parte de abaixo e outra coma cabeza e parte de arriba. Non esquezades decorar da mesma cor a parte de abaixo e a cabeza correspondente!
4. Para rematar, unha vez secas, podemos pegar un pouquiño de celo ou cinta transparente por detrás, permitindo que abran coma unha boca, podendo así meter unha dentro da outra e xogar con elas.