Bos días de novo: seguimos coas formas xeométricas e agora tócalle ao cadrado, tamén a través dun conto. Preme no enlace:
El cuento del cuadrado
Repasamos polas liñas e coloreamos os cadrados
E agora propóñovos ademais de buscar cousas cadradas pola casa, como por exemplo: libros, servilletas, caixa de galletas...; un xogo para estimular a atención e a concentración con material caseiro. No vídeo faise con tapóns que son círculos pero podedes facelo tamén con cachiños de madeira ou cartón en forma de cadrado, dependendo de se queredes repasar o círculo ou o cadrado.
Preme no enlace:Taboleiro
Ánimo e a xogar. Bicos