HOMENAXEAMOS A NOSA FALA. Popóñovos adiviñas en galego:
- Unha señorita moi enseñoritada, chea de remendos sen unha puntada.
(A galiña)
- Cucurico non ten ollos, cu nin bico, e os fillos de cucurico teñen ollos, cu e bico.
(O ovo e o pitiño)
- Anda e non ten pés; come, e non ten boca, e toda a comida lle parece pouca.
(O muíño)
- Unha cousa para quen sempre chove e sempre está mollada.
(A lingua)
- Unha cousa que coa súa risada perdeu a súa anada.
(O ourizo da castaña)
- Dez señoritos de par en par pasan o río sen se mollar.
(Os dez fungueiros do carro)
- Dous bois brancos nunha corte de ferro metidos.
(Os ovos na tixola)
- Ten un dente e tira pola xente.
(A campá)
Agardo que vos gusten