Un dos animais máis típicos da China é o oso panda. Na penúltima páxina da presentación podedes atopar unha pouca información sobre este animal tan fermoso.
Como os peques recordarán, antes do confinamento, andabamos a troulear co óvalo, polo que a miña proposta de hoxe é debuxar un oso panda a partires dun óvalo.
Clica na imaxe se prefires obter a fichiña de traballo, pero podes facelo nun folio calqueira, incluso como adoitamos a facer no cole, un da túa cor favorita.
Antes de debuxar podemos practicar un pouquiño de formas xeométricas
UN VÍDEO RECORDATORIO SOBRE O ÓVALO
UN PEQUENO XOGO RECORDATORIO. PRECISAREMOS AXUDA DUN ADULTO PARA LER A PREGUNTA, PERO SE NOS FIXAMOS BEN NA PRIMEIRA LETRA DA RESPOSTA, QUIZÁIS PODÁMOLO FACER SOÍÑOS.
CUN POUCO DE MÚSICA CHINESA E PASÁNDO Á DERRADEIRA PÁXINA DA PRESENTACIÓN, DESPEDÍMONOS DESTE FERMOSO PAÍS PARA ADENTRARNOS NO PAÍS MÁIS GRANDE DO MUNDO... CAL SERÁ....