Si, si...xa sei!Que hoxe é domingo e "Sábado e domingo, non hai cole!". Pero é que hai alguén por aquí que quería mandar unha mensaxe para tod@s vós!
(Facede clic na imaxe para ver a mensaxe!!)
E xa de paso...pois tamén vemos o pedazo de maio que fixeron! Mirade, mirade!
1º Hai que recoller a materia prima! Flores, xestas, fieitos, anís... prantas variadas!
2º. Despois hai que ir colocando as prantiñas recollidas sobre a estrutura metálica.
3º. Disfrutar do maio! Seguro que Noela lle cantou algunha peza a este maio tan fermoso!