twitter
rss

Bos días!! como vai ese desconfinamento??

Estes días traballaremos sobre China. Como non vos podo contar cousiñas ni contiños para que coñezades un pouco mellor este país e á súa xente, preparei unha infografía. Podedes vela toda xunta, pero a miña proposta é ver cada día unha ou dúas páxinas de información e facer un traballiño sobre dita información.





QUE VOS PARECE TRABALLAR HOXE SOBRE A SEGUNDA PÁXINA CHAMADA "MAPA"?

Detalleivos 5 localizacións que me pareceron importantes , clicade en cada unha delas para ver máis información. O vídeo á carón do título cóntavos de forma lúdica cousiñas sobre este país. O globo terráqueo levaravos a google earth para coñecer exactamente a súa ubicación. E na bandeira poderedes escoitar o seu himno nacional.



 BANDEIRA CHINASe clicades na seguinte imaxe accederedes a un traballiño descargable , que consiste en repasar as letriñas da bandeira (os peques saben que na aula facemos primeiro a lapis e despois repasamos con rotus de cores) e colorear a bandeira coma na infografía, así coma as decoracións características que aparecen ó redor da mesma. Se queredes ampliar, podedes poñerlle os nomes ó xarrón, á teteira, ó dragón Muxu de Mulán, e ó neno chinés.





Cantas estrelas hai na bandeira?? Moi ben 5!! un traballiño agora para xogar cos números?




Podedes coller (por exemplo na táboa do 5) 5 boliñas e ir poñendo 1 enriba do 1, cantas me sobran? 4 moi ben, pois colocámolas no outro lado e escribimos o número. E así con todos.

AGARDO QUE VOS GUSTE!!BIQUIÑOS!


0 comentarios:

Publicar un comentario