twitter
rss

Bos días de novo: Nesta ocasión a miña proposta é unha actividade moi divertida, que vai servir ademais, para reforzar a grafomotricidade con diferentes materiais e texturas que teñades pola casa.
Pedides axuda a un adulto, para que vos debuxe nun papel diferentes formas e vós tedes que colocar os materiais que previamente recopilastes coa axuda dalgún maior, como por exemplo: macarróns, botóns, tapas, pedras, flores...; na  traxectoria do grafismo. Ollo!!!!!, nada de meter na boca, facede a actividade con supervisión no momento que se poida.
Pincha no enlace para ver un exemplo:

Grafomotricidade divertida

Espero que vos guste. Bicos e bo fin de semana.



0 comentarios:

Publicar un comentario