twitter
rss

Bo día a tod@s!
Como xa sabedes hai uns días que xa entramos no mes de maio, e en moitas partes de Galicia lévase a cabo estes días unha festa moi bonita! Chámase os maios.
En que consiste esta festa? Pois é algo así como un rito de agradecemento á natureza, xa que en maio adoita ser o mes en que saen a maior parte das flores e aprovéitase para levar á natureza dende o monte á cidade.
Para celebrar o maio  son imprescidibles dúas cousas:
- O propio maio, que é unha escultura móbil feita con elementos naturais (xestas, musgo, flores, cascas de ovos, laranxas...) que se van cosendo e decoran unha estrutura. En ocasións ata pode ir algúen escondido dentro!




- As coplas: cancións con melodía tradicional que poden  ter letras inventadas e actuais ou sempre as mesmas e que levan un ritmo básico que, en moitas ocasións, se cantan ao redor do maio e batendo o ritmo cuns paus.

Neste vídeo podedes escoitar unha canción que fala dos maios e como os elaboran no barrio de San  Pedro en Santiago.





A miña proposta? Pois que vos parece facer un maio caseiro? Con cousas que teñamos pola casa... pode ser nun papel debuxando a estructura e con motivos primaverais por enriba, facendo a forma cunha caixa de cartón e pegando papeliños, e, se podedes saír a pasear ou tedes na casa, incluso podedes facer con elementos naturais. Que vos parece? 
Déixovos aquí esta páxina web onde fixeron un "maios virtuais" para que vos sirvan de inspiración!

0 comentarios:

Publicar un comentario