Ola a tod@s!!
Grazas a Martín e a súa mamá descubrimos esta xenial aplicación para aprender MECANOGRAFÍA na páxina de "Typing club".
Que é iso de mecanografía? Pois aprender a escribir co teclado do noso ordenador!
Pero, ollo!Coa mecanografía non só estás facendo iso: tamén estás repasando as letras, traballando a concentración (hai que estar moi atendo para saber que tecla pulsar), a coordinación óculo-manual (que ven os teus ollos e que fan as túas mans), a psicomotricidade fina (a mobilidade nos dedos, tan importante para a futura escritura!) e ademais...pásalo ben!! É super completo! Iso si, está en minúsculas así que so é apto para os máis valentes de 4 e 5 anos! Estades preparad@s? Pois a teclear!
Moitísimas grazas Inés!