twitter
rss

Bos días: hoxe propóñovos un conto que fala de aprender a compartir e a controlar os enfados.
É un caracol que comía unha folla verde, enorme e saborosa e vermiño comía outra igual que resultou ser a mesma. Come por un lado, come polo outro, de súpeto atopáronse fronte a fronte, e con cara de poucos amigos. Pero mentres discuten, a pomba come por un lado e come polo outro... Preme no enlace: 

Conto: "Caracol e vermiño"


  • Agora podo debuxar o que máis me gustou.
  • Modelar con plastilina o caracol ou o vermiño.
  • Recitar o poema e buscar a vogal "o" e as letras do meu nome:


CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLEIRO:
PON OS TEUS CORNOS Ó SOL
XA QUE ES TAN FRIOLEIRO!

Ó LOMBO LEVAS A CASA,
CARACOL, CARACOLEIRO:
E DEIXAS CINTAS DE SEDA
ENGALANANDO O CARREIRO!
(Manuel María, Os soños na gaiola)


  • Segue a serie:
  • Series y Secuencias (con imágenes) | Actividades para preescolar ...

Espero que vos guste. Bicos

0 comentarios:

Publicar un comentario