BENVID@ AO NOVO CURSO 2020/2021


Hoxe quero despedirme de vós cunha canción que na súa esencia inspirou o proxecto deste ano.
![]() |
| nenos e nenas de todo o mundo |
Hoxe propoño este xogo para recordar a nosa viaxe. Quizáis precisedes axuda dun adulto para atopar os países e rememorar os monumentos. Agardo que vos guste!
RECORDAS COMO SE CHAMAN?
SEGUIMOS O NOS CAMIÑO, ESTA VEZ NUN SUBMARINO PARA FACER UNHA PEQUENA PARADA NUN CONTINENTE COMPOSTO POR ILLAS...
Que vos parece se seguimos baixando e baixando e ó chegar á última punta do continente americano collemos un avión dirección Antártida....
Un día moi importante en México é o día de mortos. Gústame moito a película de "COCO", que explica moi ben este día, pero entendo que é un tema delicado e deixo ao voso criterio a decisión de poñerlle a película. Eu simplemente lles contarei que en México festexan o día de mortos pareceido ó noso samaín e que uns dos disfraces son de CATRINA e de ESQUELETO.
Deixovos unha actividade de "sumas" con catrina.
Para explicar a actividade podedes coller 10 boliñas, xoguetes. coches....o que queirades. Primeiro xogades con eles, que os conten, e logo por exemplo se o primeiro sumando e un 5, deixades 5 coches nun lado e decides, e agora cantos me faltan para chegar ó 10? 5, moi ben, pois imos poñer un 5. E así ata que teñades tódolos números precisos para poder pintar á Catrina.
Agardo disfrutedes con este xogo de números!!
Moito se fala estes días do país que estamos a traballar. Veredes peques, fai moito tempo, nese cachiño de planeta vivían os nativos americanos, mentres que nas nosas terras vivían os europeos. Un día, estes europeos decidiron dar a volta ó mundo en barco, pensando que chegarían á India, pero no medio toparon con América, só que pensaron que era a India e por iso a estes nativos americanos chamáronlles erroneamente, indios. Pero, ó chegar, no lugar de coidar á xente ca que se atoparon...non se portaron moi ben con eles...
Coñecedes a película de "Pocahontas" de Disney?recoméndovola, (mellor acompañados dun adulto que vos poida ir explicando cousiñas) nela podedes ver un pouquiño de como foi aquela época. Quizáis algún maior poida explicarvos algo máis, se non, retomaremos o tema en setembro cando voltemos xuntos ó cole. Creo que nestes días que corren, non viría mal recordar esta canción... Colores en el viento....
Outra película que retrata un pouco a época é SPIRIT, moi bonita ó meu parecer tamén.

Chegamos ó continente de América! Recordades quen estaba na mesa América? Moi ben!
Yaiza, Miriam, Iraila e Carlota!
Antes de comezar co primeiro país de América, ó que chegamos no globo aerostático, quería ensinarvos un conto sobre unha viaxe en globo.
Gustouvos? xenial! despois de cruzar o Océano Pacífico chegamos a ESTADOS UNIDOS!
Mirade que traballiño máis chulo fixo Yaiza sobre este país.
Este vídeo é un pouco longo pero ensínanos moitas cousas típicas da cultura xaponesa.

Colleremos un globo aeroestático para cruzar o Océano Pacífico e chegar a outro continente, adiviñas cal será?
Hola a tod@s!
Os mando un video con un libro sobre animales para hoy.
Espero que os guste.
https://www.youtube.com/watch?v=ttbkzscsErU
Un abrazo,
Maeve