twitter
rss

Chegamos ó continente de América! Recordades quen estaba na mesa América? Moi ben!

Yaiza, Miriam, Iraila e Carlota!

Antes de comezar co primeiro país de América, ó que chegamos no globo aerostático, quería ensinarvos un conto sobre unha viaxe en globo.

Gustouvos? xenial! despois de cruzar o Océano Pacífico chegamos a ESTADOS UNIDOS!

Mirade que traballiño máis chulo fixo Yaiza sobre este país.






Fixádevos ben na bandeira que puxo Yaiza no seu proxecto. Cantas estrelas ten?  De que cores son as raias? No arquivo adxunto que vos deixei poderedes pintala, así coma ós Estados que forman parte do país. E que son os Estados? pois coma pequenos países dentro dun gran país. Cantos serán?
E quen será ese home que aparece á dereita? Podedes preguntarlle ós maiores. 
É a persoa que máis manda neses país, é o Presidente dos Estados Unidos de América e chámase parecido a un pato dos debuxos animados. A ver descubrides como se chama.



1 comentarios:

  1. Mola mucho tú trabajo! Alba

Publicar un comentario