twitter
rss

Boas: hoxe quero deixarvos unha recomendación de como suxeitar ben o lapis.
Dado que os nenos se están iniciando na escritura do seu nome e posiblemente colorean e fai moitos trazos, é aconsellable que se é posible, dende casa reforcedes e axudedes a suxeitar o lapis de maneira correcta. No cole non deu tempo a afianzar, por iso como aínda quedan bastantes días ata que volvamos a vernos, se podedes fixádevos, por favor, en como están facendo para non adquirir malos hábitos. Premede no enlace e moitísimas grazas por adiantado por colaborar.


Agora poden practicar a facer o seu nome sempre en maiúsculas e empezando de esquerda a dereita, e para axudalos poñédelle o modelo para que poida copialo.

Grazas de novo e moitos bicos

0 comentarios:

Publicar un comentario