Bos días: Hoxe propóñovos a historia dun colorido peixe que semella un brillante arco da vella, e que nos vai a ensinar o valor de compartir e da amizade. Os demais peixes do mar admírano, e queren ter unhas escamas tan bonitas como as súas. Entón pídenlle se lles pode dar unha escama, pero o noso protagonista pensa que se regala as súas brillantes escamas xa non vai ser o peixe máis bonito de todas as profundidades do mar...entón, os seus amigos peixes deciden que non queren xogar máis con el...que pode facer para remedialo?
Para saber o que pasa despois e como remata, debes ver o vídeo da ligazón:
El pez arcoiris
Agora podes colorear o peixe:
Poñerlle escamas de pegatinas:
Un Móbil Colgante de Peixe Arco da Vella.
Materiais Necesarios:
- Botella de plástico con tapón (limpia, seca e sen etiqueta).
- Pintura acrílica e pinceis.
- Grampadora e perforadora.
- Adornos varios (ollos saltaríns de manualidades e se queres engadirlle algunha decoración máis).
- Fío de pescar ou la ou corda fina...
Pasos a Seguir:
- Recorta a botella pola metade e dálle forma á cola.
- O truco desta manualidade é que os peques teñen que pintar dentro da botella con axuda dun pincel. Aplasta pouco a pouco a botella para que as cores se mezclen. ¡Disfruta da inesperada cor do teu peixe arco da vella!
- Engade os adornos e déixao secar.
- Grampa o peixe e perfora un burato na parte superior do peixe. Átalle fío de pescar ou o que vaias a usar para colgalo (la, corda...).
- Colócao nun sitio cerca dunha ventá e admira como se move.