twitter
rss

Moito se fala estes días do país que estamos a traballar. Veredes peques, fai moito tempo, nese cachiño de planeta vivían os nativos americanos, mentres que nas nosas terras vivían os europeos. Un día, estes europeos decidiron dar a volta ó mundo en barco, pensando que chegarían á India, pero no medio toparon con América, só que pensaron que era a India e por iso a estes nativos americanos chamáronlles erroneamente, indios. Pero, ó chegar, no lugar de coidar á xente ca que se atoparon...non se portaron moi ben con eles...
Crítica de Pocahontas, la película de Disney estrenada en 1995 ...Coñecedes a película de "Pocahontas" de Disney?recoméndovola, (mellor acompañados dun adulto que vos poida ir explicando cousiñas) nela podedes ver un pouquiño de como foi aquela época. Quizáis algún maior poida explicarvos algo máis, se non, retomaremos o tema en setembro cando voltemos xuntos ó cole. Creo que nestes días que corren, non viría mal recordar esta canción... Colores en el viento....

Outra película que retrata un pouco a época é SPIRIT, moi bonita ó meu parecer tamén.



Deixovos unha poesía de Gloria Fuertes sobre os nativos americanos, que podedes intentar debuxar.  E un traballiño para coñecer como vivían. Podedes pintar o TIPI, que era a súa casiña, o LUME, co que cociñaban, a PEL DE BÚFALO, ca que facían as súas roupas.
Se vos apetece facer un tipi, aquí vos deixo un modelo.
BLANQUEO DE CAPITALES. LA DILIGENCIA DEBIDA. - INBLAC

E ata aquí Estados Unidos de América!! que vos parece subir nuha dilixencia e baixar polo continente?
Imos alá!! Que país nos agardará o luns?

0 comentarios:

Publicar un comentario