twitter
rss

Un día moi importante en México é o día de mortos. Gústame moito a película de "COCO", que explica moi ben este día, pero entendo que é un tema delicado e deixo ao voso criterio a decisión de poñerlle a película. Eu simplemente lles contarei que en México festexan o día de mortos pareceido ó noso samaín e que uns dos disfraces son de CATRINA e de ESQUELETO.
Deixovos unha actividade de "sumas" con catrina.
Para explicar a actividade podedes coller 10 boliñas, xoguetes. coches....o que queirades. Primeiro xogades con eles, que os conten, e logo por exemplo se o primeiro sumando e un 5, deixades 5 coches nun lado e decides, e agora cantos me faltan para chegar ó 10? 5, moi ben, pois imos poñer un 5. E así ata que teñades tódolos números precisos para poder pintar á Catrina.

Agardo disfrutedes con este xogo de números!!



0 comentarios:

Publicar un comentario