twitter
rss


O cinco de xuño celébrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE! Que mellor ocasión que esta para escoitar esta canción de Pablo Díaz? De maior quero ser...ECOLOXÍSTA!
Recordade para coidar do mendio ambiente pensar sempre na regla dos 3R: REDUCIR, REUTILZAR E RECICLAR!
Así que propóñovos unha actividade de reciclaxe: seguro que moitos de vós estivestes recibindo no fogar paquetes con compras...pois esas caixas de cartón son xeniais para facer máscaras áfricanas! Aquí vos deixo algún exemplo. Trátase de ir recortando en cartón (se o tedes fino mellor, que é moi difícil de recortar!) as distintas partes da cara por separado: ollos, beixos, cellas, meixelas... que non se vos esqueza ningunha! Pintádeas de moitas cores con rotus, témperas ou o que vos apeteza e podedes empregar liñas, puntos, pegarlle cousiñas para decorar. Por último montade a máscara encima da base da cara e...tachán! Lista para decorar a nosa habitación!


0 comentarios:

Publicar un comentario