Boas:
Hoxe imos repasar outro pouquiño os números.
No cole cada mañán poñíamos a data, polo que recoñecen moitos números, pero para representalos en papel non é tan doado, polo que non sempre precisamos traballo impreso, podemos:
- Debuxar os números en cartolinas e xogar ata aprender cal é cada un.
- Imitar o número da cartolina debuxando co dedo en area ou nunha pizarra.
- Xogar cos xogos de contrución colocando un número determinado de pezas e asi aprender as cantidades.
- Actividades cotiás, como coller un determinado número de cousas: as culleres para toda a familia á hora de comer ou poñer un pano de cociña para cada un.
- Cancións infantís. Preme e escoita, haber se che gusta:
Canción os números
- Capítulos de series infantís:
Pocoyó aprende los números
Agardo desfrutedes. Ánimo e bicos