Ola pequenos e pequenas!!
Aquí estou, na miña casa coa familia.
Estamos pasando uns días complicados, pero entre todos e todas, atopamos
cousas para facer e non aburrirnos. Eu sigo investigando para saber cal é o meu
poder especial, pero non hai forma. A ver se á volta me axudades!!!
Déixovos aquí algunhas ideas, xogos, vídeos... pero estade atentos e
atentas, que durante estes días haberá máis.
- Contarlle
á familia quen son a serpe Sisí, a gata Fufi e a abella Ceci. Se non lembrades
a historia non pasa nada, probade a inventala, sairanvos ideas chulísimas!!
(por exemplo: que comeu Fufi? Filloas, fideos... e Sisí? Sopa, sandía...)
- Podedes
buscar pola casa ou en internet, qué cousas gardarían a meiga Nuña (palabras
con ñ) e o resorte Yoyo (palabras con ll ou y) (6º de EI). Probade a inventar
conxuros novos para a meiga Nuña, estarei encantado de escoitalos á volta.
- Canción do inverno: https://www.youtube.com/watch?v=5wY_UADWE2c
- Adianto a canción da primavera: https://www.youtube.com/watch?v=f6REFB23pWY
- Cancións acumulativas: https://www.youtube.com/watch?v=Y_Qr50S0-B8 ; https://www.youtube.com/watch?v=4jtbAyVC7A0&t=35s
- Xogos de linguaxe: https://www.youtube.com/watch?v=16Wx_qcjnhI&list=PLfVDJFxsvnTRT0VbCB4wdIXUoQdFCKS3W&index=11&t=0s ; https://www.youtube.com/watch?v=zDvsffsAE4s&list=PLfVDJFxsvnTRT0VbCB4wdIXUoQdFCKS3W&index=11 ; https://www.youtube.com/watch?v=fUUwbfyTIbs ;
- Xogos na casa: veo veo, a búsqueda do tesouro (alguén agocha un obxecto e hai que atopalo con pistas de frío/quente), adiviñas (describo un obxecto para que o adiviñen ou os demais preguntan e só podo responder sí ou non), palabras encadeadas, xogos de imitar (poñemos en papeliños animais, personaxes de debuxos, transportes, profesións, persoas coñecidas... quen sae colle un papel, imita, e o resto teñen que adiviñar. Quen adiviñe é o seguinte), A Caixa misteriosa (metemos nunha caixa ou saco, sen que vexan os pequenos/as, obxectos que entren na man (una pinza, exponxa, botón... cantas mais texturas, mellor; logo hay que meter a man sen mirar e adivinar de qué obxecto se trata), que falta? (poñemos primeiro 3 xoguetes na mesa, tapamos os ollos, quitamos un e hai que lembrar o que falta; podemos ampliar a 4, 5... e podemos, una vez retirado un xoguete, mover os outros para darlle máis dificultade).
- Bailade,
cantade, participade nas actividades de casa (emparellar calcetíns, organizar
as pinzas, coidar dos animais, poner e quitar a mesa...), falade moito coa
familia, e escoitade moito tamén (os papás, mamás, avós e avoas seguro que
teñen historias chilísimas para contarvos de cando eran pequenos e pequenas).
Despídome xa por hoxe. Espero que o pasedes o mellor que
se poida.
Biquiños de corazón do dragón Pepón.