twitter
rss

Bos días de novo:
Se queredes podedes repasar cos neno@s o último traballo que estabamos facendo. 

Como xa sabedes o 8 de marzo foi o día internacional da muller e por iso todo o cole buscaba información sobre algunha das moitísimas mulleres que tanto fixeron e destacaron para seguir avanzando en múltipes aspectos. 

Os nen@s de tres anos estaban investigando a Gloria Fuertes (popular poeta española).


Déixovos os enlaces de dous poemas que traballamos na aula para que se vos apetece lles poñades e repasedes xuntos as partes da cara e a silueta da figura humana:

   -  Poema mi cara

   -  Cancion infantil mi carit

   -  Dibujar un niño 

Poden debuxar e colorear libremente a figura humana ou representando determinadas escenas.

Agardo que estes días se fagan o máis amenos posibles, escoitade aos cativos e non vos sintades preocupados. Deixadelles desenvolver a súa creatividade e imaxinación.

MOITAS GRAZAS E A DESFRUTAR NA MEDIDA DO POSIBLE. MOITOS BICOS

0 comentarios:

Publicar un comentario