twitter
rss

FELIZ MARTES DE CORENTENA!! 

Outra ideiña para non perder o norte nestes días de illamento é facer un pequeno diario.

Comezaríamos poñendo a data, como facemos cada mañá na escola. Se lles ides vocalizando os sons das letras, son quen de poñer as palabras, están afeitos a facelo cada mañá, polo que non deberían ter problema.
MARTES 17 MARZO 2020

Despois podedes preguntarlle á ventá que tempo fai e debuxalo (sol, sol e nubes, choiva...). e tamén se fai frío ou calor debuxando un termómetro.
Poden escribir o menú do día, como facemos habitualmente para que coñezan dende primeira hora o que van a comer.


É ben sabido que os mais pequenos se senten moi cómodos cas rutinas e funcionan mellor cando saben o que vai suceder. Para eles esta situación é unha rotura total destas rutinas ás que están afeitos. Podemos poñérllelo mais doado escribindo ou debuxando as rutinas que van seguir eses día. neste link que vos deixo, podemos imprimir algunhas, recortalas e colocalas cada día segundo a orde que se vai seguir.

https://www.orientacionandujar.es/2016/09/27/laminas-coloridas-crear-habitos-rutinas-los-ninos/

Como ben sabedes, nos encanta aprender xogando, así que a actividade que vos propoño hoxe e traballar o razonamento matemático a través dun xogo ben coñecido xa por eles.
Resultado de imagen de linea numerica sueloabn


A actividade consiste en escribir os números do 1 ó 12 no chan en línea recta (nós temos unha recta numérica na aula) e tirar dous dados de puntos sumando o resultado de ambos dados. Saltaremos número a número (contando en alto) ata chegar ó que me tocou, que tamén direi en alto. Logo direi o que teño detrás e o que teño diante. Podemos tamén decir o noso número favorito e saltar nel, ou o número do día no que estamos, ou o que di papá e mamá ou como queiramos. Tamén podemos poñer enriba, tantos obxectos coma o número indique.
Dade renda solta á vosa imaxinación ou á d@ vos@ pequen@.




Desfrutade do día e recordade ler e xogar moito!!

0 comentarios:

Publicar un comentario