MOVEMOS AS NOSAS MANS?
Hoxe propoñemos unha serie de actividades e xogos que os máis pequenos poden facer para exercitar a motricidade fina nas súas mans. Están pensadas para facer con cousas que podemos ter pola nosa casa. Podedes elexir as que máis vos gusten...
- ALGUNHAS CANCIÓNS PARA MOVER AS NOSAS MANS:
- XOGAMOS COA PLASTILINA: podemos facer boliñas, churriños, letras, modelar animais...
-TENDEMOS ROUPA?: podemos xogar a tender roupa coas pinzas que temos na casa. Podemos tender roupa feita con papel, cartulina...roupa dos nosos bonecos, os nosos calcetíns...
-OUTROS XOGOS QUE PODEMOS FACER:
Xogamos a colocar gomas arredor dalgo con forma de tubo. |
Xogamos a coller pompóns ou boliñas de papel cunha pinza e traspasalos dun recipiente a outro. |
Xogamos a meter palliñas de cores por buratiños pequenos. |
Facemos carreiras de coches por estradas con moitas curvas. |