Bos días:
Estades traballando un montón e facéndoo fenomenal, todas e todos de tódolos cursos. Estamos moi orgullosas de vós. Menos mal que nos estades a axudar a adiviñar os títulos dos contos porque estamos un pouco despistadas. Algúns deses contos xa os vimos no cole, por iso hoxe propóñovos recordar o de "Aquiles o puntiño" e así poder repasar as partes do corpo e os sentidos con esta historia sinxela na que un puntiño pouco a pouco vai crecendo no seu afán de descubrir as cousas belas que o rodean.
Está editado por Kalandraka, escrito por Guia Risari e ilustrado por Marc Taeger. Pincha no enlace e escoitarás o conto:
Aquiles o puntiño
Logo podes facer un círculo nun folio ou pedir axuda para que cho fagan e haber que sae libremente sen axuda.
Tamén vos aparece no mesmo enlace unha versión musicada de "Quen é ese becho", unha obra con texto e ilustracións de Carmen Queralt, onde é posible descubrir unha gran cantidade de simpáticos bechos e que nos comparte Paco Nogueiras que xa coñecemos e que nos gusta un montón.
.
Espero que vos guste e desfrutedes moito. Bicos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)