Hoxe toca recordar Reino Unido! O noso compi Noel incluso veu disfrazado de Garda Real cando trouxo o seu proxecto sobre Reino Unido!!
A miña proposta de hoxe é empregar un deses rollos de papel hixiénico tan codiciado para facer un SOLDADO DA GARDA REAL.
No seguinte TITORIAL, podedes ver como se elabora, pero non é preciso seguir todas as instruccións, se vos falta algún material podedes sustituílo por outro que se pareza.
E para rematar podedes ver a película SHERLOCK GNOMES, onde se ven moitos dos lugares e monumentos de Londres, dos que falamos durante a semana que traballamos Reino Unido.