twitter
rss



Bos días de novo: seguimos coas formas xeométricas e agora tócalle ao cadrado, tamén a través dun conto. Preme no enlace:

El cuento del cuadrado


Repasamos polas liñas e coloreamos os cadrados
cuadrado formas geometricas infantiles fichas de formas gr… (con ...



E agora propóñovos ademais de buscar cousas cadradas pola casa, como por exemplo: libros, servilletas, caixa de galletas...; un xogo para estimular a atención e a concentración con material caseiro. No vídeo faise con tapóns que son círculos pero podedes facelo tamén con cachiños de madeira ou cartón en forma de cadrado, dependendo de se queredes repasar o círculo ou o cadrado.
Preme no enlace:

Taboleiro

Ánimo e a xogar. Bicos

Hello!!!!

Hola a todos!

Os mando todos otro video conmigo leyendo un libro sobre los animales. 

Espero que os guste!

https://www.youtube.com/watch?v=AQmE72H7Sj4

Un abrazo,

Bye bye,

Maeve

Bos días!! Seguimos avanzando con China! Hoxe veremos algunha das súas costumes.




Pasade ata a páxina "TRADICIÓNS". Nela podedes ver dous fragmentos da película "Mulán", que representa algunha das tradicións deste país.

Se clicades na imaxe do dragón, veredes outro fragmento da película onde aparece o dragón MUXU, que representa ós antepasados de MULÁN. Seguidamente podedes clicar en "ANO NOVO CHINÉS" e veredes un vídeo explicativo sobre o cambio de ano, diferente ó noso.

A cerimonia do té é outra das costumes moi arraigadas na cultura chinesa. Mirade como se fai. Se tedes un pouquiño de té podedes ulilo  e facelo como fan no vídeo.

Aquí vos deixo uns monicreques de dedo para decorar e xogar e un Dragón  co que festexan o ano novo. Non esquezades escribir as letriñas nos recadros!

Facemos un xogo de números? Recordando a recta numérica (se non a tedes feita podedes facela )
 enchede os ocos co número anterior e posterior. A pasalo ben e desfrutade do bo tempo!!





Hoxe é a quenda de Vega! Algo di dun pito que está coxo...mirade, mirade!Moi ben Vega!!
TRABALINGUAS VEGA

Mirade a quen temos por aquí con outro trabalinguas!
Sara faino xenial! Non credes? Un bico moi grande Sara!

BOS DÍAS E BO LUNS!!
SEGUIMOS CON CHINA! HOXE QUÉROVOS PRESENTAR UNHA DAS 7 MARABILLAS,  
  A MURALLA CHINESA




SE PASADES Á PÁXINA 6 DA PRESENTACIÓN CHAMADA "A MURALLA CHINESA", PODEREDES VER DOUS VÍDEOS EXPLICATIVOS DESTA FAMOSA MURALLA.
LOGO PODEDES DECORAR ESTA MURALLA E FACER UNHA IGUAL EN PLASTILINA, OU EN BLOQUES DE CONSTRUCCIÓN OU CO MATERIAL QUE MÁIS VOS GUSTE E MANDARNOS UNHA FOTIÑO PARA PODER ENSINÁRLLELO A TÓDOL@S VOSOS COMPIS

 MURALLA CHINESA


Boas familias! 
Aquí vos deixo o documento para os traballiños desta semana! Lede atendos que hai novas importantes.

E aquí debaixo quedan os xogos que preparei para reforzar e entender mellor as fichas de mates, espero que vos sexan de axuda.
Unha aperta!

QUE NÚMERO FALTA?



SIGUE O CAMIÑO