Sofía foi unha das que quedaron sen poder expoñer o seu traballo sobre o espacio, e quere compartilo con nós!
A ela tocáralle a Vía Láctea, e mirade que traballo máis chulo fixo!E que ben explicado!
Parabéns Sofía!!
Clic na imaxe para reproducir.
Clic na imaxe para reproducir.
Boas: hoxe toca o triángulo e coma sempre preme na imaxe para escoitar:
Canción y cuento: El triángulo
Logo podedes buscar formas triangulares pola casa, como por exemplo: unha porción de pizza, un anaco de queixo ou de biscoito, unha percha...
Logo repasamos e coloreamos o triángulo:
Tamén podemos xogar a facer triángulos con palillos:

Por último, unha manualidade:
Que facer con triángulos e papel.
Pasádeo moi ben e bo finde
Un fermoso autobús lévanos de China a Rusia!! Qué sabemos sobre Rusia? Contádelle a mami e a papi que cousas sabedes sobre Rusia. NADA??? Algo saberedes... non? Bueno logo, pois mirade esta presentación a ver se descubrides algunhas cousiñas novas.
Para comezar, xa que imos nun medio de transporte, imos pasar á terceira páxina, onde nos explica a súa clasificación.
Hoxe podemos facer este traballiño despois de ver o video. Clica na imaxe para descargala e nos esquezas poñerlle os nomes ós medios de transporte!!
Boa fin de semana!
Un dos animais máis típicos da China é o oso panda. Na penúltima páxina da presentación podedes atopar unha pouca información sobre este animal tan fermoso.
Como os peques recordarán, antes do confinamento, andabamos a troulear co óvalo, polo que a miña proposta de hoxe é debuxar un oso panda a partires dun óvalo.
Clica na imaxe se prefires obter a fichiña de traballo, pero podes facelo nun folio calqueira, incluso como adoitamos a facer no cole, un da túa cor favorita.

Antes de debuxar podemos practicar un pouquiño de formas xeométricas
UN VÍDEO RECORDATORIO SOBRE O ÓVALO
UN PEQUENO XOGO RECORDATORIO. PRECISAREMOS AXUDA DUN ADULTO PARA LER A PREGUNTA, PERO SE NOS FIXAMOS BEN NA PRIMEIRA LETRA DA RESPOSTA, QUIZÁIS PODÁMOLO FACER SOÍÑOS.
CUN POUCO DE MÚSICA CHINESA E PASÁNDO Á DERRADEIRA PÁXINA DA PRESENTACIÓN, DESPEDÍMONOS DESTE FERMOSO PAÍS PARA ADENTRARNOS NO PAÍS MÁIS GRANDE DO MUNDO... CAL SERÁ....
Alba , da clase da profe Espe, foi moi valente e tamén quixo unirse ao reto dos trabalinguas!! Mirade que ben o fai! En hora boa Alba e moitas grazas polas túas palabras!
E xa sabedes, que podedes animarvos sen problema a facer as actividades que propoñemos aínda que non sexan do voso curso! Nós encantadas!!
Que rico!! Como xa falamos en outras ocasións en cada país temos as nosas tradicións culinarias e incluso cos mesmos ingredentes, podemos facer cousiñas moi diferentes.
Avanzade ata a páxina de " COMIDAS"
O arroz é un dos platos máis típicos da cultura chinesa. Apetécevos facer unha receita con arroz? Logo podedes mandarnos un vídeo ou fotos facendoo, e por suposto podedes escribir a receita e compartila para que os demáis tamén poidan facela!!
Clica se queres escribir nesta plantilla. En preparacións podes escribir en maiúsculas frases moi sinxeliñas. Por suposto, sempre podes facer a túa propia!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




