twitter
rss

FELIZ MARTES DE CORENTENA!! 

Outra ideiña para non perder o norte nestes días de illamento é facer un pequeno diario.

Comezaríamos poñendo a data, como facemos cada mañá na escola. Se lles ides vocalizando os sons das letras, son quen de poñer as palabras, están afeitos a facelo cada mañá, polo que non deberían ter problema.
MARTES 17 MARZO 2020

Despois podedes preguntarlle á ventá que tempo fai e debuxalo (sol, sol e nubes, choiva...). e tamén se fai frío ou calor debuxando un termómetro.
Poden escribir o menú do día, como facemos habitualmente para que coñezan dende primeira hora o que van a comer.


É ben sabido que os mais pequenos se senten moi cómodos cas rutinas e funcionan mellor cando saben o que vai suceder. Para eles esta situación é unha rotura total destas rutinas ás que están afeitos. Podemos poñérllelo mais doado escribindo ou debuxando as rutinas que van seguir eses día. neste link que vos deixo, podemos imprimir algunhas, recortalas e colocalas cada día segundo a orde que se vai seguir.

https://www.orientacionandujar.es/2016/09/27/laminas-coloridas-crear-habitos-rutinas-los-ninos/

Como ben sabedes, nos encanta aprender xogando, así que a actividade que vos propoño hoxe e traballar o razonamento matemático a través dun xogo ben coñecido xa por eles.
Resultado de imagen de linea numerica sueloabn


A actividade consiste en escribir os números do 1 ó 12 no chan en línea recta (nós temos unha recta numérica na aula) e tirar dous dados de puntos sumando o resultado de ambos dados. Saltaremos número a número (contando en alto) ata chegar ó que me tocou, que tamén direi en alto. Logo direi o que teño detrás e o que teño diante. Podemos tamén decir o noso número favorito e saltar nel, ou o número do día no que estamos, ou o que di papá e mamá ou como queiramos. Tamén podemos poñer enriba, tantos obxectos coma o número indique.
Dade renda solta á vosa imaxinación ou á d@ vos@ pequen@.




Desfrutade do día e recordade ler e xogar moito!!


Ola a todos e todas!!
Mañá (martes 17), ás 12, Anna Llenas contará en directo no seu perfil de Instagram o conto "Vacío".
O perfil é público e podedes acceder desde o enlace que deixamos a continuación e premendo arriba a esquerda


Esperamos que vos guste e agardamos os vosos comentarios!!

E outro recurso que nos parece estupendo para traballar coas pícaras/os é este conto que fixo a psicóloga Manuela Molina no cal lles explica ao seu nivel o que é o coronavirus e lles axuda a expresar como se sinten! Podedes descargalo facendo clic aquí.

Seguro que a moit@ss de vós xa vos chegou este vídeo que circula polas redes sociais, pero parécenos unha idea estupenda para que as máis pequen@s sepan por que hai que lavar as mans!






Como xa sabedes, este mes tiñamos programado no cole traballar sobre todas as mulleres que tanto fixeron por nós. Hoxe tocábanos adicarlle ó día a Marie Curie,  primeira muller doutora en ciencias e profesora da universidade de París, ademais da primeira persoa en recibir dous premios Nobel, descubrindo o radio e o polonio e desenvolvendo a teoría da radioactividade.

Como non lles podo contar o conto, vos mando un enlance para que o escoiten:

https://www.youtube.com/watch?v=8xvD3-dvYIE


E un pouco de historia cos LUNNIS!


https://www.youtube.com/watch?v=9LGa8bgFjM0

https://www.youtube.com/watch?v=4MaXDbNA1-M

Unha vez vistos os contos e as explicacións, podemos facerlles sinxelas preguntas para axudarlles a comprender a historia.

  1. Que quería ser Marie de maior?
  2. Que gañou por ser boa estudante?
  3. A onde foi a estudar cando se fixo maior?
  4. Con quen casou?
  5. Que descubriron xuntos?
  6. Que gañaron por tal descubrimento?
  7. Como se chama a teoría que desenvolveron?


Podemos pintar a Marie!!


Marie Curie Coloring Page or Poster. This page can also be found in the "Awesome Women in History" Coloring Pages booklet. Marie Curie For Kids, Important People In History, History Interactive Notebook, World History Lessons, Nasa History, Science Activities For Kids, Thinking Day, Book Themes, Women In History


LEDE MOITOS CONTOS E XOGADE MOITO! MAÑÁ OUTRA COUSIÑA MAIS!!

Ola a tod@s! 

Durante estes días procurarei subir algún que outro conto e actividades que poidades facer con elas. Hoxe comezamos con este que se titula "Sal e azucre"

A miña proposta é a seguinte: colle un folio e ceras de cores e debuxa a sal e azucre cun fondo ben chuli, pero ollo! A eles non os pintes por agora! Pídelle a túa familia un pouco de sal, un pouco de azucre... e en vez de pintalos pon pegamento e cúbreos con estes dous produtos! Incluso se tes xiz podes pintar o sal e o azucre doutras cores! De seguro que vos sale algo ben chulo! 
Por certo, que che gusta máis? O sal ou o azucre? 

Alba.




Ola pequenos e pequenas!!
Aquí estou, na miña casa coa familia.
Estamos pasando uns días complicados, pero entre todos e todas, atopamos cousas para facer e non aburrirnos. Eu sigo investigando para saber cal é o meu poder especial, pero non hai forma. A ver se á volta me axudades!!!
Déixovos aquí algunhas ideas, xogos, vídeos... pero estade atentos e atentas, que durante estes días haberá máis.
  •           Contarlle á familia quen son a serpe Sisí, a gata Fufi e a abella Ceci. Se non lembrades a historia non pasa nada, probade a inventala, sairanvos ideas chulísimas!! (por exemplo: que comeu Fufi? Filloas, fideos... e Sisí? Sopa, sandía...)
  •           Podedes buscar pola casa ou en internet, qué cousas gardarían a meiga Nuña (palabras con ñ) e o resorte Yoyo (palabras con ll ou y) (6º de EI). Probade a inventar conxuros novos para a meiga Nuña, estarei encantado de escoitalos á volta.
  •           Canción do inverno: https://www.youtube.com/watch?v=5wY_UADWE2c
  •           Adianto a canción da primavera: https://www.youtube.com/watch?v=f6REFB23pWY
  •           Cancións acumulativas: https://www.youtube.com/watch?v=Y_Qr50S0-B8 ; https://www.youtube.com/watch?v=4jtbAyVC7A0&t=35s
  •           Xogos de linguaxe:  https://www.youtube.com/watch?v=16Wx_qcjnhI&list=PLfVDJFxsvnTRT0VbCB4wdIXUoQdFCKS3W&index=11&t=0s ; https://www.youtube.com/watch?v=zDvsffsAE4s&list=PLfVDJFxsvnTRT0VbCB4wdIXUoQdFCKS3W&index=11 ; https://www.youtube.com/watch?v=fUUwbfyTIbs ;
  •           Xogos na casa: veo veo, a búsqueda do tesouro (alguén agocha un obxecto e hai que atopalo con pistas de frío/quente), adiviñas (describo un obxecto para que o adiviñen ou os demais preguntan e só podo responder sí ou non), palabras encadeadas, xogos de imitar (poñemos en papeliños animais, personaxes de debuxos, transportes, profesións, persoas coñecidas... quen sae colle un papel, imita, e o resto teñen que adiviñar. Quen adiviñe é o seguinte), A Caixa misteriosa (metemos nunha caixa ou saco, sen que vexan os pequenos/as, obxectos que entren na man (una pinza, exponxa, botón... cantas mais texturas, mellor; logo hay que meter a man sen mirar e adivinar de qué obxecto se trata), que falta? (poñemos primeiro 3 xoguetes na mesa, tapamos os ollos, quitamos un e hai que lembrar o que falta; podemos ampliar a 4, 5... e podemos, una vez retirado un xoguete, mover os outros para darlle máis dificultade).
  •           Bailade, cantade, participade nas actividades de casa (emparellar calcetíns, organizar as pinzas, coidar dos animais, poner e quitar a mesa...), falade moito coa familia, e escoitade moito tamén (os papás, mamás, avós e avoas seguro que teñen historias chilísimas para contarvos de cando eran pequenos e pequenas).

Despídome xa por hoxe. Espero que o pasedes o mellor que se poida.
Biquiños de corazón do dragón Pepón.


Ola familias!
Aquí estamos de novo as profes de Educación Infantil para facer que a cuarentena sexa o máis levadeira posible
Periódicamente colgaremos suxerencias, actividades, recursos...que poderedes facer cos vosos fillos e fillas na casa. Por aquí podedes contarnos como vos vai e responderemos a calquera cousiña que nos vaiades comentando!
Esperamos vervos pronto!