twitter
rss

Boas: Agora que podemos saír dar un paseíño todos os días, que vos parece se facedes algunha actividade cos elementos que atopedes!!  

Decora y pinta las hojas de los árboles | Amarillo, Verde y Azul

Imágenes Creativas: 31 foto ideas para trabajar con hojas secas ...     Actividad animales y figuras hechos con hojas secas - Colorear ...


Deixade voar a vosa imaxinación e a desfrutar. Bicos

Hoxe na vídeo conferencia estivemos falando do experimento das margaridas. Aínda non vos ensinara o meu resultado, e a verdade e que desta vez o experimento non saliu moi ben. Pero aquí vos ensino algunha das margaridas que me colleu un pouco de cor, aínda que xa están algo murchas. 
Igual había que botar máis auga?
Cortar doutra maneira o talo?
Poñer máis colorante?
Son moitas as incógnitas que me xurden! 



 






Amelia animouse co experimento e mandounos estas fotos.



BOS DÍAS! HOXE AVANZAREMOS ATA A PÁXINA DE COSTUMES, ONDE PODEMOS VER UN MOTÓN DE COUSAS SOBRE RUSIA.


Víchedes nos videos que teñen un alfabeto diferente ó noso. Recordades o noso alfabeto non? Imos escoitar unha canción que nos recodará o abecedario galego e logo podedes decoralo neste traballiño.
ᐈ Matrioska imágenes de stock, foto matrioskas | descargar en ...

Un "xoguete" moi típico de Rusia son as "MATRIOSKAS", unhas bonecas que se insertan unhas dentro das outras, podendo xogar a escondelas e a montalas e desmontalas. Porpóñovos unha actividade de reciclaxe para recrear este xoguete:


PRECISAREMOS: Botellas plásticas de 3 tamaños diferentes( 6 botellas), pinturas tipo acrílico, pincel, celo, unha tesoira e a plancha da casa.

PASOS


1. Collemos as 6 botellas de plástico e cortámolas á metade, quedándonos só ca parte inferior das mesmas. 
Teremos así, seis fondos de botellas de plástico de 3 tamaños diferentes.



2. Pasamos o borde inferior pola plancha para quitarlle o filo ó plástico



         
3. Dámoslle unha ou dúas máns de pintura blanca. Unha vez seca podemos decorala como queiramos, deixando unha parte como parte de abaixo e outra coma cabeza e parte de arriba. Non esquezades decorar da mesma cor a parte de abaixo e a cabeza correspondente!




4. Para rematar, unha vez secas, podemos pegar un pouquiño de celo ou cinta transparente por detrás, permitindo que abran coma unha boca, podendo así meter unha dentro da outra e xogar con elas.
mamushkas-botellas



Boas familias! 
Deixo neste documento as instrucións e suxerencias para levar a cabo as vídeo conferencias!
Se algunha nena/o de 5 anos se quere unir e non se puxo en contacto comigo, basta con que apareza conectado en calquera dos días e horas que propoño!
Unha aperta!


Bo día a tod@s!
Aquí estamos unha semana máis! Deixo por un lado as instrucións dos traballiños e por outro lado un documento coas indicacións para as videoconferencias!
Unha aperta!

TRABALLOS DO 25 AO 29 DE MAIO



XOGO PARA TRABALLAR OS CARDINAIS

QUE TAL A FIN DE SEMANA?  APETÉCEVOS APRENDER MÁIS COUSIÑAS DE RUSIA?



NA CUARTA PÁXINA ATOPAREDES UN ÍNDICE CON COUSIÑAS SOBRE ESTE PAÍS E UN VÍDEO SOBRE O  MESMO.
Se pinchades na opción MAPA , levaravos a unha páxina onde podedes ver o mapa de Rusia e un video onde explica un pouco os límites entre Europa e Asia, continentes nos que se atopa Rusia. A pesar de que pisa ambos continentes, a meirande parte da súa extensión atópase en Asia, por iso o traballamos na "MESA ASIA" e non na "MESA EUROPA".
Dibujo para colorear - Mapa de Rusia
Clicando na imaxe atoparedes este mapa con monumentos, animáis e cousiñas típicas do país, coma o transiberiano e as matrioskas que podedes decorar ó voso gusto.

Sabedes que en Rusia atópase a cidade habitada máis fría do planeta? Chegan a 70 grados baixo 0!! (clicando no índice en "cidades importantes", tendes uns cantos vídeos Rusia e as súas cidades máis importantes)
E como saben iso? pois medímolo cun termómetro coma o que vos pon a profe baixo o brazo cando estades pochiños. E aquí en primavera...que temperatura fai? creo que esta semana imos ter calor. Que vos parecería medir a temperatura que fai cada día desta semana e anotala pintando de vermello ata os grados que alcancemos ó mediodía? Aquí vos deixo unha plantilla clicando na imaxe, pero podedes anotalo como queirades.

 temperatura diaria

A disfrutar da primavera e do bo tempo!!


Bos días: hoxe propóñovos un conto que fala de aprender a compartir e a controlar os enfados.
É un caracol que comía unha folla verde, enorme e saborosa e vermiño comía outra igual que resultou ser a mesma. Come por un lado, come polo outro, de súpeto atopáronse fronte a fronte, e con cara de poucos amigos. Pero mentres discuten, a pomba come por un lado e come polo outro... Preme no enlace: 

Conto: "Caracol e vermiño"


  • Agora podo debuxar o que máis me gustou.
  • Modelar con plastilina o caracol ou o vermiño.
  • Recitar o poema e buscar a vogal "o" e as letras do meu nome:


CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLEIRO:
PON OS TEUS CORNOS Ó SOL
XA QUE ES TAN FRIOLEIRO!

Ó LOMBO LEVAS A CASA,
CARACOL, CARACOLEIRO:
E DEIXAS CINTAS DE SEDA
ENGALANANDO O CARREIRO!
(Manuel María, Os soños na gaiola)


  • Segue a serie:
  • Series y Secuencias (con imágenes) | Actividades para preescolar ...

Espero que vos guste. Bicos

Aquí temos a muralla feita de bloques por Noel! e mirade neste vídeo canto traballou! que ben feitiño!!Bravo campeón!A seguir traballando así!!